Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 22834

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 44/2022, do 31 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola construción das obras da VG-3.1, punto quilométrico (p.q.) 2+700, San Cibrao das Viñas, de clave OU/21/025.06, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 20 de agosto de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 160 o Anuncio do 2 de agosto de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto construtivo de reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola construción das obras da VG-3.1, punto quilométrico (p.q.) 2+700, San Cibrao das Viñas, de clave OU/21/025.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Tras a análise dos informes e certificados presentados, o 4 febreiro de 2022 aprobáronse o expediente de información pública e o proxecto de construción de reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola construción das obras da VG-3.1, punto quilométrico (p.q.) 2+700, San Cibrao das Viñas, de clave OU/21/025.06.

O obxecto da actuación consiste na reposición do acceso dun camiño municipal ao novo trazado da estrada provincial OU-0516, modificada como parte das obras de construción da estrada VG-3.1, no contorno do seu punto quilométrico 2+700, de xeito que se construirá un novo treito de camiño que conecte o actual co camiño de servizo da nova VG-3.1.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción de reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola construción das obras da VG-3.1, punto quilométrico (p.q.) 2+700, San Cibrao das Viñas, de clave OU/21/025.06.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade