Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do convenio de Balbón, número de elenco 2717007, do concello de Ribeira de Piquín (expediente 19/2021).

O 14 de xaneiro de 1991 asinouse o convenio de Balbón, 2717007, subscrito entre a Consellería de Agricultura e Ernesto Gómez Vidal, Julio Ares García, José A. Ares Fernández, Teodosio Fernández Fernández e José Luis Gómez Cobas, en virtude da acta de manifestacións notariais do 22 de agosto de 1989 de Fernando Manuel de Peralta Ortega, notario do Colexio da Coruña, con residencia en Meira. A superficie conveniada foi de 45,6568 ha.

Na acta notarial indícase que José Antonio Ares Fernández, Ernesto Gómez Vidal, José Luis Gómez Cobas, Teodosio Fernández Fernández e Julio Ares García manifestan que foron designados por diversos veciños dos lugares de San Fiz, Meiroi, Paíme, O Pousadoiro e Esqueira para asinar o convenio, polo que se require ao notario que recolla as manifestacións dos interesados nos montes de San Fiz a propósito dos títulos que cada un posúa nos referidos montes. Comparen ao requirimento notarial Ernesto Gómez Vidal, Teodosio Fernández Fernández, José Luis Gómez Cobas, José Antonio Ares Fernández, Lucila Gómez Rancaño, Fidelina Gómez Rancaño, Jaime Gómez Rancaño, Julio Mª Ares García, José Manuel Mª Fernández Ares, Mª Encarnación Fernández Ares, Manuel Mª Fernández Gómez, Mª Fe Díaz Ares, Argelina Ares Gómez, Carlos Díaz Cobas e Berta Fernández Riopedre.

O 28 de decembro de 2018 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito de Teodosio Fernández Fernández, no cal solicita a extinción do convenio de Balbón, número de elenco 2717007. Neste escrito manifesta que actúa como representante dos propietarios incluídos no convenio, segundo o acordado na reunión celebrada o 18 de decembro de 2018. Xunta a este escrito as solicitudes individuais de Carlos Gómez Cereijo, Mª Esther Fernández Gómez, José Antonio Ares Fernández, Teodosio Fernández Fernández, Berta García Ares, Jaime Gómez Rancaño, Mª Olga Álvarez Fernández, Manuel Mª Fernández Gómez, Mª Fe Díaz Ares, Argelina Ares Gómez, Berta Fernández Riopedre, Abel Méndez Fernández, Darío García Díez, José García Ares e Armando Mourisco Díaz.

O 16 de novembro de 2021 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de Beatriz Gómez Cereijo, no cal solicita a extinción do convenio de Balbón, número de elenco 2717007.

En aplicación da disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o 4 de febreiro de 2022 o xefe do Servizo de Montes de Lugo certifica que o convenio de Balbón, con número de elenco 2717007, non presenta saldo debedor.

O 16 de febreiro de 2022 o técnico do Distrito X Terra Chá emite un informe sobre o estado forestal do ámbito deste convenio.

A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, derrogou a disposición transitoria novena da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e regulou na disposición transitoria cuarta (modificada no seu número 1 polo artigo 17 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas) a cancelación e finalización dos consorcios e convenios de repoboación forestal existentes no momento da súa entrada en vigor:

«Disposición transitoria cuarta. Montes con consorcios ou convenios coa Administración

1. Os consorcios ou convenios de repoboación coa Administración forestal existentes nos montes no momento da entrada en vigor desta lei serán obxecto de:

a) Cancelación de oficio nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2023, nos casos seguintes:

– Montes que non presenten saldo debedor na data de entrada en vigor desta lei ou en calquera momento dentro do prazo máximo estipulado.

(...)

b) Finalización nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2023, momento en que deberá asinarse un contrato temporal de xestión pública que substitúa o consorcio ou o convenio finalizado».

Por todo o anterior, vaise propoñer á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a extinción do convenio de Balbón, 2717007.

De acordo co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sométese a información pública o expediente de extinción do convenio de Balbón, número de elenco 2717007, do concello de Ribeira de Piquín (Lugo). O acto adoptouno a xefa territorial.

Durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación deste expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo) e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios).

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 17 de marzo de 2022

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo