Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 21 de marzo de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes denominados Laxa Corga, Rebordechá e Leboreiro, San Martín e Val do Santo, e Almocela, na parroquia de Porqueirós (Santo André), no concello de Muíños.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 9 de marzo de 2022, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Laxa Corga, Rebordechá e Leboreiro, San Martín e Val do Santo, e Almocela.

Superficie: 9,25 ha.

Pertenza: CMVMC de Porqueirós.

Parroquia: Porqueirós (Santo André).

Concello: Muíños.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32052A03000616 (parte)

32052A03009014 (parte)

32052B50100326 (parte)

32052B50100327

Norte

32052A03000616 (resto)

Leste

32052A03000614

32052A02909003

32052A03009014 (resto)

32052A07909013

32052B50109001

Sur

32052B50100326 (resto)

32052A03009014 (resto)

32052A03000616 (resto)

Oeste

32052A03000619

As parcelas 32052A03000616, 32052A03009014 e 32052B50100326 non se axustan á cartografía catastral e a CMMVVMC solicitante non presentou un informe de validación gráfica positivo da representación gráfica xeorreferenciada alternativa, emitido pola Dirección Xeral do Catastro. Tendo en conta o anterior e despois da entrada en vigor da Lei 13/2015, do 24 de xuño, de reforma da Lei hipotecaria e da Lei do catastro inmobiliario, a CMVMC solicitante deberá presentar o citado informe.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 21 de marzo de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense