Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a integración das infraestruturas ferroviarias e conexións coa trama urbana na Pobra de San Xiao (Láncara) (expediente PTU-LU-19/027 (16/2019. PEID).

O Pleno da corporación, en sesión ordinaria realizada o día 27 de xaneiro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a integración das infraestruturas ferroviarias e conexións coa trama urbana do concello de Láncara, documento con pegada dixital 2aa2bf07f52205649f9a5b468ca2b700ffbcf1fb redactado por Senén Prieto Ingeniería, S.L., de entrada no rexistro do concello o 23 de xaneiro de 2021.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto coa publicación deste acordo, publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no rexistro do Plan urbanístico de Galicia, e achegar un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificarlles individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

A ligazón en que se poderá consultar a documentación íntegra aprobada definitivamente é a seguinte:

https://lancara.sedelectronica.gal/transparency/f29e6bd2-ed79-4c20-9e84-2116374b1006/

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Láncara, 11 de marzo de 2022

Darío A. Piñeiro López
Alcalde