Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de marzo de 2022, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos, de concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Mugardos, con destino á ocupación de superficie e do edificio da lonxa para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa para o sector pesqueiro e marisqueiro (expediente 12-07-22-C-1).

O día 2 de marzo de 2022, a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos, no dominio público portuario do porto de Mugardos, con destino á ocupación de superficie e do edificio da lonxa para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa para o sector pesqueiro e marisqueiro, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de marzo de 2022

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte