Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22118

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022 pola que se convoca concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario correspondentes aos subgrupos A1, A2, C1 e C2.

O artigo 90 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG), establece que o concurso ordinario é o procedemento xeral de provisión dos postos de traballo que non teñan establecida outra forma de provisión na relación de postos de traballo, nos que se terá en conta unicamente os méritos e capacidades e, se é o caso, as aptitudes exixidas para o desempeño do posto.

Ao existiren na relación de postos de traballo (RPT) vacantes dotadas orzamentariamente e cuxa provisión se considera necesaria, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución reitoral do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 11 de maio) resolve convocar concurso ordinario para a provisión dos postos de traballo que se relacionan no anexo I desta resolución.

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

Para o non recollido nesta convocatoria aplicarase a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades; a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Regulamento de mobilidade do persoal funcionario de administración e servizos da USC aprobado en Consello de Goberno o día 30 de outubro de 2020.

Segunda. Requisitos e condicións de participación

2.1. Poderá participar neste concurso o persoal funcionario de carreira que se relaciona a seguir sempre que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos para o desempeño dos postos que se indican no anexo I, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme que non poderán participar mentres dure a suspensión:

a) O persoal funcionario de carreira das escalas propias da USC.

b) Igualmente, poderán participar os/as funcionarios/as de carreira de corpos ou escalas doutras administracións públicas con destino definitivo na USC.

c) Persoal funcionario de carreira das universidades da Coruña e de Vigo que estean desempeñando un posto en comisión de servizos na USC.

2.2. Os/as concursantes deberán posuír unha antigüidade mínima de dous anos como persoal funcionario de carreira e levar un mínimo de dous anos no último posto de traballo obtido por concurso.

2.3. Estará obrigado a participar no concurso, solicitando polo menos todos os postos que se oferten no Campus no que presten servizos, o persoal funcionario que reúna os requisitos dos postos establecidos na relación de postos de traballo, no que se dea algún dos seguintes supostos:

a) O persoal que teña atribuído un posto de traballo mediante adscrición provisional.

b) O persoal funcionario de carreira que por motivos de saúde ou rehabilitación estea adscrito a un posto en distinta localidade daquela na que teña o seu destino definitivo, deberá solicitar todos os postos que sexan axeitados e que estean situados na mesma localidade do posto ao que figure adscrito provisionalmente.

c) O persoal que superou un proceso selectivo de promoción interna e non ocupe con carácter definitivo un posto correspondente ao seu subgrupo.

Exceptúase do establecido no punto anterior o persoal de novo ingreso que non teña unha antigüidade mínima de dous anos desde o nomeamento como persoal funcionario de carreira.

2.4. O incumprimento da obriga de concursar determinará a declaración de excedencia voluntaria por interese particular.

2.5. Todos os requisitos e méritos estarán referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Terceira. Postos

3.1. O concurso constará de dúas fases:

Primeira fase: vacantes relacionadas no anexo I.

Segunda fase: postos que resulten vacantes da primeira fase e sexan susceptibles de ofertar na modalidade de concurso ordinario.

3.2. As persoas interesadas que desexen participar nas dúas fases deberán facelo constar na súa solicitude, tendo en conta que son consecutivas e que a segunda fase resolverase unha vez que estea rematada a primeira.

3.3. As persoas solicitantes que acaden posto na primeira fase non poderán participar na segunda.

3.4. Na primeira fase poderán solicitarse, por orde de preferencia, os postos de traballo que figuran no anexo I sempre que o nivel do posto ofertado estea incluído nos intervalos de niveis correspondentes ao subgrupo no que figure clasificado o corpo ou escala do/da concursante e que estes/as reúnan os requisitos establecidos no citado anexo.

3.5. Rematada a primeira fase, publicarase no taboleiro electrónico da USC e na páxina web do Servizo de Planificación e Programación de PAS (https://www.usc.gal/gl/servizos/plan_pas/provision/funcionarios.html), a relación de vacantes que se ofertan a resultas.

3.6. As/os aspirantes que non acadaron posto na primeira fase e fixeron constar previamente a vontade de participar na de resultas, terán un prazo de 5 días hábiles para concorrer a ela. Para iso, deberán remitir unha solicitude na que indiquen por orde de preferencia o posto ou postos a que queiran optar.

3.7. Para acceder a calquera posto de traballo desta fase de resultas, os/as concursantes deberán reunir os mesmos requisitos aos que se alude no punto 3.4.

Cuarta. Solicitudes e documentación que debe acompañala

4.1. A solicitude para participar neste concurso realizarase no modelo publicado como anexo II indicando a orde de preferencia dos postos aos que se opta e presentarase no rexistro electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm

4.2. O prazo para presentar solicitudes será de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4.3. O persoal que teña recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 %, poderá solicitar a adaptación dos postos aos que opten, para o que deberán cubrir os puntos correspondentes do anexo II, e acompañar á solicitude de participación no concurso, un informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teñan atribuídos os postos solicitados.

Ademais do anterior e xunto coa solicitude, os/as concursantes que opten a postos que así se determine no anexo I, achegarán a correspondente certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais. O dito certificado poderá obterse a través da web do ministerio con competencias en materia de xustiza. Opcionalmente poderán outorgar o consentimento expreso á USC para que o solicite achegando debidamente cuberto o formulario publicado como anexo.

4.4. Poderanse condicionar as peticións de dous concursantes por razón de convivencia familiar ao feito de obteren os dous destinos neste concurso e no mesmo municipio, de tal xeito que se un deles non acadase destino, quedará anulada tamén a solicitude do outro. As persoas que se acollan a esta petición condicionada deberán achegar coa solicitude, documento oficial xustificativo da convivencia familiar e copia da petición da outra persoa solicitante.

4.5. Rematado o prazo de presentación de solicitudes publicarase no taboleiro electrónico da USC e na páxina web do Servizo de Planificación e Programación de PAS https://www.usc.gal/gl/servizos/plan_pas/provision/funcionarios.html, a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os postos aos que optan.

As persoas concursantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación para poder emendar os defectos que motivaron esa exclusión ou a omisión.

Os/as concursantes recibirán unha notificación cunha ligazón para acceder ao seu expediente persoal e verificar que os datos que nel se conteñen son os correctos. Para emendar calquera erro ou omisión disporán de 2 días hábiles.

Unha vez examinadas e resolvidas as reclamacións publicarase a listaxe definitiva.

4.6. Transcorrido o prazo de presentación, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o/a peticionario/a. Non obstante, as persoas interesadas poderán desistir da súa solicitude, así como renunciar ao destino adxudicado, se con anterioridade á toma de posesión, acadasen outro destino mediante convocatoria pública.

Quinta. Acreditación de méritos

5.1 Os/as concursantes deberán ter actualizados os seus expedientes persoais no prazo de presentación de solicitudes tendo en conta que a documentación que se incorpore con posterioridade non será obxecto de valoración.

5.2. A Xerencia, de oficio, engadiralle á solicitude presentada, os datos que figuren nos expedientes das persoas solicitantes.

Sexta. Baremo

a) Baremo xeral: 60 puntos.

1. Experiencia profesional: 30 puntos.

1.1. Traballo desenvolvido: máximo 24 puntos.

Valorarase cada ano completo ou o mes como fracción mínima, segundo o nivel do posto establecido na seguinte táboa.

Nivel do posto

Puntos/ano

Nivel do posto

Puntos/ano

Ata o nivel 14

0,22

23

0,85

15

0,29

24

0,92

16

0,36

25

0,99

17

0,43

26

1,06

18

0,50

27

1,13

19

0,57

28

1,20

20

0,64

29

1,27

21

0,71

30

1,34

22

0,78

O tempo de servizos prestados na USC valorarase de acordo co seguinte:

– Funcionario/a interino/a: polo nivel mínimo da escala.

– Persoal laboral contratado nunha categoría do convenio colectivo de persoal de administración e servizos, que nese momento tivera unha escala equivalente para o persoal funcionario: computarase como se fosen prestados nun posto do nivel mínimo desa escala.

– Outros servizos: tanto aos prestados como interino/a, en postos de nivel inferior ao 15, como de laboral que non tivera a equivalencia antes referida, aplicaráselles o valor que figura na táboa como «ata o nivel 14».

• O traballo desenvolvido en comisión de servizos computarase polo nivel do posto que se ocupa con carácter definitivo.

• O tempo en adscrición provisional valorarase segundo o nivel do posto que se ocupe nesa situación.

• Os servizos prestados polo persoal destinado nun posto adscrito a unha escala inferior á que pertenzan, valoraránselles polo nivel mínimo correspondente á súa escala.

• Os servizos prestados noutras universidades galegas, valoraranse segundo o nivel do posto acreditado aplicando os valores da táboa anterior cunha redución do 25 %. De non constar o nivel do posto desenvolvido considerarase o nivel mínimo do subgrupo ao que pertence.

• As persoas ás que se refire a base 2.1.c) puntuaráselles o tempo de desempeño na comisión de servizos nesta universidade, polo nivel do posto que estean ocupando

• Os servizos prestados noutras administracións, valoraranse segundo o nivel do posto acreditado aplicando os valores da táboa anterior cunha redución do 50 %. De non constar o nivel do posto desenvolvido considerarase o nivel mínimo do subgrupo de pertenza na data de prestación dos servizos.

1.2. Grao: máximo 6 puntos.

De non ter grao consolidado ou se fose inferior ao mínimo da escala á que pertenza o/a funcionario/a outorgarase a puntuación que corresponda ao nivel mínimo da escala.

Grao

Puntos

Grao

Puntos

15 ou inferior

0,20

23

3,20

16

0,40

24

3,60

17

0,80

25

4

18

1,20

26

4,40

19

1,60

27

4,80

20

2

28

5,20

21

2,40

29

5,60

22

2,80

30

6

2. Formación: total 20 puntos.

2.1. Titulación: máximo 2 puntos.

Titulación

Puntos

ESO/graduado escolar

0,25

Bacharelato/ciclo medio de FP

0,75

Técnico superior

1,00

Diplomatura

1,25

Graduado/a universitario/a

1,50

Licenciatura

1,60

Doutoramento

2,00

Mestrado oficial*

+0,25*

*Os mestrados oficiais valoraranse con 0,25 puntos adicionais á titulación que se teña acreditada. Unicamente se puntuará un mestrado oficial.

• As equivalencias de titulacións serán as establecidas polo Ministerio e, para ser valoradas, a persoa interesada deberá citar a disposición na que se establece e o BOE no que se publica.

• Puntuará o máximo nivel da titulación oficial alcanzada. Unicamente puntuará unha titulación oficial.

• As titulacións estranxeiras só se valorarán se están homologadas no Estado español polo órgano competente.

• A especificidade e contido das titulacións, así como outras titulacións oficiais puntuaranse, cando proceda, no punto de currículo do baremo específico.

2.2. Lingua galega: máximo 2 puntos.

Só se valorara a acreditación ou curso de nivel máis alto:

Nivel

Puntos

Celga 5

2

Celga 4 ou curso de perfeccionamento

1,50

Celga 3 ou curso de iniciación

0,50

2.3. Linguas estranxeiras: máximo 2 puntos.

Os niveis de lingua sinalados corresponden aos fixados no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).

O coñecemento de cada lingua oficial na Unión Europea distinta do galego e do castelán valorarase segundo a seguinte táboa:

Nivel

Puntos

C2

1

C1

0,83

B2

0,66

B1

0,49

A2

0,32

A1

0,15

• Só se valorará o nivel máis alto dun mesmo idioma.

• O coñecemento de idiomas acreditarase por medio de títulos expedidos por centros oficiais ou homologados. As equivalencias terán que ser achegadas polos/as interesados/as para que se poidan valorar neste punto.

• O coñecemento dunha lingua que non sexa oficial na UE valorarase, segundo o nivel acreditado, coa metade dos puntos da táboa anterior.

2.4. Cursos de formación: máximo 14 puntos.

Só se puntuarán os niveis máis altos dos cursos recibidos e unha única edición do mesmo curso impartido.

Valoración

Asistencia

Aproveitamento

Por hora certificada

0,01 hora

0,02 hora

Sen horas certificadas, polo total do curso

0,1 curso

0,2 curso

• Valoraranse neste punto:

– Os cursos de formación sempre que sexan de formación administrativa ou teñan relación coas funcións propias dos postos convocados. Deberán ser impartidos por escolas, centros, organismos oficiais.

– Aqueles cursos de galego cando versen sobre cuestións relativas ao seu uso na administración pública ou específicos de bibliotecas e arquivos, se é o caso.

– Os cursos de idiomas aprobados e impartidos por escolas, centros ou organismos oficiais, que non teñan o recoñecemento dos niveis que figuran no punto 2.3, valoraranse con 0,2 puntos.

– Os cursos de perfeccionamento ou nivel avanzado que sexan continuación dun de iniciación.

– Ao profesorado que imparta cursos, outorgaráselle a mesma puntuación que aos asistentes.

• Non se valorarán:

– Os cursos destinados a adquirir os niveis que se valoran no punto 2.2.

– Os cursos con contidos incluídos implícita ou explicitamente noutros xa valorados, os que forman parte de preparación de procesos selectivos, os de acollida, e os que pertenzan a planos de estudos regrados.

– Máis dunha edición do mesmo curso. Cando unha persoa acredite a realización de dous cursos e un deles sexa de reciclaxe ou actualización doutro (por cambios nas versións de software, por cambios na normativa de referencia ...), só se valorará un dos cursos, o que outorgue maior puntuación.

– A asistencia a xornadas, seminarios, congresos, reunións, etc. que non teñan carácter de cursos de formación administrativa ou curso de formación de bibliotecas e arquivos de carácter xeral.

– Os mesmos cursos como impartidos e recibidos.

3. Grupo: total 10 puntos.

A pertenza ao grupo valorarase segundo a seguinte táboa:

Grupo/subgrupo

Puntos

A1

10

A2

7

B

5,5

C1

4

C2

1

Sétima. Comisión

7.1. A valoración de méritos correspondentes realizarase pola Comisión Permanente de Valoración de Méritos (CPVM) https://www.usc.gal/gl/servizos/plan_pas/provision/index.html de conformidade co establecido no Regulamento de mobilidade de persoal de administración e servizos aprobado no Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020.

7.2. A comisión poderá solicitar do órgano convocante a designación de persoas expertas que, na súa calidade de asesoras, actuarán con voz pero sen voto. Axustaranse no seu funcionamento aos principios de imparcialidade e obxectividade, e polo disposto na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7.3. A comisión posúe a categoría primeira, de conformidade cos grupos de clasificación para asistencias establecidos no Regulamento de indemnizacións por razón de servizo aprobado no Consello de Goberno da USC o 29 de decembro de 2020.

Oitava. Publicación das propostas e reclamacións

8.1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo que se especifica na base sexta.

8.2. Os empates nas puntuacións resolveranse aplicando, por esta orde, os seguintes criterios: pertenza ao subgrupo superior, traballo desenvolvido e maior tempo de servizos efectivos prestados.

8.3. Finalizado o proceso de valoración de méritos a CPVM publicará no taboleiro electrónico da USC e na páxina web do Servizo de Planificación e Programación de PAS (https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/provision/funcionarios.html) a puntuación provisional acompañada da proposta de adxudicación con indicación dos códigos dos postos.

8.4. Contra esta puntuación provisoria, as persoas concursantes poderán presentar reclamación perante a CPVM a través do rexistro de entrada da Sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico.

8.5. A admisión a trámite das reclamacións presentadas suspenderá os nomeamentos propostos ata a súa resolución.

8.6. Rematado o prazo de reclamacións sen terse presentado ningunha, ou unha vez que se resolveran, a CPVM elevaralle a proposta definitiva de adxudicación de postos á Xerencia. A proposta definitiva deberá recaer sobre a persoa candidata que obtivera maior puntuación final.

Novena. Resolución do concurso e adxudicación de postos de traballo

9.1. A proposta definitiva que realice a CPVM, terán carácter vinculante e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás a excepción recollida no punto 4.7.

9.2. Se rematado o procedemento de provisión, o persoal funcionario ao que se refiren os puntos 2.3.a) e 2.3.c) non obtivera posto, a autoridade convocante poderá adxudicarlle con carácter definitivo un posto no campus onde está actualmente destinado/a, sempre que resulten vacantes postos incluídos no intervalo de niveis do subgrupo ao que pertenza o/a funcionario/a.

9.3. Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios e, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización por ningún concepto.

9.4. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Décima. Toma de posesión

O prazo posesorio comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine na resolución do órgano convocante publicada no Diario Oficial de Galicia.

Décimo primeira. Disposición derradeira

A presente convocatoria e os actos administrativos derivados dela poderán ser impugnados de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2022

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Vacantes

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Nivel

Subgrupo

Quenda

Campus

Observacións

PF000842

Técnico superior de administración/Técnico de xestión

Área Promoción e Proxectos Internacionais

23

A1/A2

M

Compostela

A1 nivel 23, CE: 14.104,3/A2 nivel 21, CE: 10.635,52

Nivel C1 de inglés e B2 de francés ou alemán do MCER

PF000844

Técnico superior de administración/Técnico de xestión

Oficina de Mobilidade

23

A1/A2

M

Lugo

A1 nivel 23, CE: 14.104,3/A2 nivel 21, CE: 10.635,52

Nivel C1 de inglés e B2 de francés ou alemán do MCER

PF000845

Técnico superior de administración/Técnico de xestión

Oficina de Mobilidade

23

A1/A2

M

Compostela

A1 nivel 23, CE: 14.104,3/A2 nivel 21, CE: 10.635,52

Nivel C1 de inglés e B2 de francés ou alemán do MCER

PF000115

Responsable asuntos económicos servizos centrais

Servizo de Xestión Económica

22

A1/A2/C1

M

Compostela

Subgrupos: A1/A2/C1. A1 nivel 23

PF000116

Responsable asuntos económicos servizos centrais

Servizo de Xestión Económica

22

A1/A2/C1

M

Compostela

Subgrupos: A1/A2/C1. A1 nivel 23

PF000801

Responsable de Acción Social

Servizo de Xestión de Persoal

22

A1/A2/C1

M

Compostela

Subgrupos: A1/A2/C1. A1 nivel 23

PF000120

Responsable asuntos económicos

Unidade Asuntos Económicos Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000122

Responsable asuntos económicos

Unidade Asuntos Económicos Facultade de Dereito

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000124

Responsable asuntos económicos

Unidade Asuntos Económicos Escola Técnica Superior de Enxeñaría

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000128

Responsable asuntos económicos

Unidade Asuntos Económicos Facultade de Matemáticas

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000131

Responsable asuntos económicos

Unidade Asuntos Económicos Facultade de Xeografía e Historia

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000132

Responsable asuntos económicos

Unidade Asuntos Económicos Facultade de Veterinaria

22

C1/C2

M

Lugo

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000135

Responsable asuntos económicos

Unidade Asuntos Económicos Facultade de Enfermaría

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000136

Responsable asuntos económicos

Unidade Asuntos Económicos Facultade de Formación de Profesorado

22

C1/C2

M

Lugo

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000138

Responsable asuntos económicos

Unidade Asuntos Económicos Facultade de Ciencias da Comunicación

22

C1/C2

M

Compostela

Comparte co SERVIMAV

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000238

Xefatura de negociado

Negociado da Área de Tecnoloxía da Información e das Comunicacións

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000242

Xefatura de negociado

Negociado Ciencias Forenses Luis Concheiro

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000243

Xefatura de negociado

Negociado Institutos de Investigación

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000245

Xefatura de negociado

Negociado IDEGA

22

C1/C2

M

Compostela

Comparte co Instituto de Ciencias da Educación

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000302

Xefatura de negociado administración Arquivo

Arquivo Histórico

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000304

Xefatura de negociado administración

Negociado Administración. Biblioteca Concepción Arenal

22

C1/C2

M

Compostela

C1 nivel 22/C2 nivel 20

PF000236

Xefatura de negociado de Xestión e Contratación

Servizo de Xestión Económica

20

C1/C2

M

Compostela

PF000211

Xefatura de negociado de Servizos á Comunidade Universitaria

Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado

20

C1/C2

M

Compostela

PF000212

Xefatura de negociado de Actividades Culturais

Servizo de Actividades Culturais

20

C1/C2

M

Compostela

PF000213

Xefatura de negociado do Servizo de Deportes

Área Deportiva

20

C1/C2

M

Compostela

Certificado negativo delitos sexuais

PF000215

Xefatura de negociado de Estudos de Doutoramento

Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)

20

C1/C2

M

Compostela

PF000217

Xefatura de negociado de Admisión

Servizo de Xestión Académica

20

C1/C2

M

Compostela

PF000223

Xefatura de negociado

Negociado de Asistencia Administrativa

20

C1/C2

M

Compostela

Certificado negativo delitos sexuais

PF000232

Xefatura de negociado de Programación Docente

Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica

20

C1/C2

M

Compostela

PF000234

Xefatura de negociado de Programas de Estudo

Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica

20

C1/C2

M

Compostela

PF000233

Xefatura de negociado da Asesoría Xurídica

Asesoría Xurídica

20

C1/C2

M

Compostela

PF000235

Xefatura de negociado de Patrimonio

Área de Arquitectura e Urbanismo

20

C1/C2

M

Compostela

Comparte Área de Operación de Infraestruturas

Comparte dependencia funcional Servizo Xestión Económica

PF000252

Xefatura de negociado de Cadros de Persoal e Baremación de Procesos Selectivos

Servizo de Planificación e Programación de PAS

20

C1/C2

M

Compostela

PF000253

Xefatura de negociado de Profesorado Funcionario

Servizo de Xestión de Persoal

20

C1/C2

M

Compostela

PF000254

Xefatura de negociado de Persoal Docente e Investigador Contratado

Servizo de Xestión de Persoal

20

C1/C2

M

Compostela

PF000255

Xefatura de negociado de PAS Funcionario

Servizo de Xestión de Persoal

20

C1/C2

M

Compostela

PF000256

Xefatura de negociado de PAS Laboral

Servizo de Xestión de Persoal

20

C1/C2

M

Compostela

PF000259

Xefatura de negociado de Nóminas de Investigación

Servizo de Xestión de Persoal

20

C1/C2

M

Compostela

PF000265

Xefatura de negociado

Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros. Secretaría Xeral

20

C1/C2

M

Lugo

PF000940

Xefatura de negociado

Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros. Secretaría Xeral

20

C1/C2

M

Compostela

PF000853

Xefatura de negociado de Mobilidade

Oficina de Mobilidade

20

C1/C2

M

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 10.481,66

PF000263

Xefatura de negociado de Selección

Subárea de Convocatorias e Recursos Humanos. Área de Xestión de Investigación

20

C1/C2

M

Compostela

PF000968

Xefatura de negociado de Xustificación de Recursos Humanos

Subárea Económica. Área de Xestión de Investigación

20

C1/C2

M

Compostela

PF000294

Secretaría de decanato

Decanato da Facultade de Formación do Profesorado

19

C1/C2

M

Lugo

PF000306

Secretaría de decanato

Decanato da Facultade de Ciencias da Educación

19

C1/C2

M

Compostela

PF000309

Secretaría de decanato

Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

19

C1/C2

M

Compostela

PF000313

Secretaría de decanato

Decanato da Facultade de Filosofía

19

C1/C2

M

Compostela

PF000316

Secretaría de decanato

Decanato da Facultade de Matemáticas

19

C1/C2

M

Compostela

PF000318

Secretaría de decanato

Decanato da Facultade de Química

19

C1/C2

M

Compostela

PF000317

Secretaría de decanato

Decanato da Facultade de Medicina e Odontoloxía

19

C1/C2

M

Compostela

PF000320

Secretaría de decanato

Decanato da Facultade de Veterinaria

19

C1/C2

M

Lugo

PF000322

Secretaría de decanato

Decanato da Facultade de Humanidades

19

C1/C2

M

Lugo

PF000291

Secretaría de dirección centros

Dirección da Escola Técnica Superior de Enxeñaría

19

C1/C2

M

Compostela

PF000292

Secretaría de dirección centros

Dirección da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

19

C1/C2

M

Lugo

PF000340

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Farmacia

18

C1/C2

M

Compostela

Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía

PF000342

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Bioloxía

18

C1/C2

M

Compostela

PF000350

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Filoloxía

18

C1/C2

M

Compostela

Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana

PF000356

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Psicoloxía

18

C1/C2

M

Compostela

Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía

PF000357

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Educación

18

C1/C2

M

Compostela

PF000359

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Física

18

C1/C2

M

Compostela

PF000361

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Xeografía e Historia

18

C1/C2

M

Compostela

Departamento de Historia da Arte

PF000369

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Química

18

C1/C2

M

Compostela

Departamento de Química Orgánica

PF000375

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Comunicación

18

C1/C2

M

Compostela

Departamento de Ciencias da Comunicación

PF000376

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Farmacia

18

C1/C2

M

Compostela

Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

PF000381

Responsable administrativo

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Medicina Odontoloxía

18

C1/C2

M

Compostela

PF000520

Posto base

Negociado Actividades Culturais

17

C1/C2

M

Lugo

PF000521

Posto base

Negociado Servizo Deportes

17

C1/C2

M

Compostela

Certificado negativo delitos sexuais

PF000522

Posto base

Negociado Servizo Deportes

17

C1/C2

M

Compostela

Certificado negativo delitos sexuais

PF000537

Posto base

Unidade Administración Campus Lugo

17

C1/C2

M

Lugo

PF000558

Posto base

Servicio de Planificación e Programación de PAS

17

C1/C2

M

Compostela

PF000560

Posto base

Servicio de Planificación e Programación de PAS

17

C1/C2

M

Compostela

PF000563

Posto base

Servicio de Xestión de Persoal

17

C1/C2

M

Compostela

PF000564

Posto base

Servicio de Xestión de Persoal

17

C1/C2

M

Compostela

PF000565

Posto base

Servicio de Xestión de Persoal

17

C1/C2

M

Compostela

PF000566

Posto base

Servicio de Xestión de Persoal

17

C1/C2

M

Compostela

PF000569

Posto base

Servicio de Xestión de Persoal

17

C1/C2

M

Compostela

PF000570

Posto base

Servicio de Xestión de Persoal

17

C1/C2

M

Compostela

PF000991

Posto base

Servicio de Xestión de Persoal

17

C1/C2

M

Compostela

PF000578

Posto base

Servicio Planificación Persoal Docente e Investigador

17

C1/C2

M

Compostela

PF000580

Posto base

Área Promoción e Proxectos Internacionais

17

C1/C2

M

Compostela

PF000581

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000583

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000584

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000587

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000588

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000589

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000590

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000696

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000958

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000960

Posto base

Área de Xestión de Investigación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000602

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Escola Técnica Superior de Enxeñaría

17

C1/C2

M

Compostela

PF000606

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Ciencias da Educación

17

C1/C2

M

Compostela

PF000610

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

17

C1/C2

M

Compostela

PF000612

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Dereito

17

C1/C2

M

Compostela

PF000615

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Farmacia

17

C1/C2

M

Compostela

PF000616

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Farmacia

17

C1/C2

M

Compostela

PF000619

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Filoloxía

17

C1/C2

M

Compostela

PF000620

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Filoloxía

17

C1/C2

M

Compostela

PF000622

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Física

17

C1/C2

M

Compostela

PF000623

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Física

17

C1/C2

M

Compostela

PF000629

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Medicina e Odontoloxía

17

C1/C2

M

Compostela

PF000695

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Medicina e Odontoloxía

17

C1/C2

M

Compostela

PF000631

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Psicoloxía

17

C1/C2

M

Compostela

PF000634

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Química

17

C1/C2

M

Compostela

PF000636

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Veterinaria

17

C1/C2

M

Lugo

PF000549

Posto base

Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)

17

C1/C2

M

Compostela

PF000644

Posto base

Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)

17

C1/C2

M

Compostela

PF000692

Posto base

Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)

17

C1/C2

M

Compostela

PF000800

Posto base

Escola Doutoramento Internacional (EDIUS)

17

C1/C2

M

Compostela

Certificado negativo delitos sexuais/Comparte Museo Luis Iglesias/Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 9.647,4

PF000652

Posto base

Oficina de Igualdade de Xénero

17

C1/C2

M

Compostela

Comparte coa Área de Calidade e Mellora dos
Procedementos

PF000658

Posto base

Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo

17

C1/C2

M

Lugo

PF000661

Posto base

Servicio de Axudas e Servizos ao Alumnado

17

C1/C2

M

Compostela

PF000665

Posto base

Servicio de Axudas e Servizos ao Alumnado

17

C1/C2

M

Compostela

PF000668

Posto base

Servicio de Axudas e Servizos ao Alumnado

17

C1/C2

M

Compostela

PF000676

Posto base

Secretaría Xeral

17

C1/C2

M

Compostela

PF000678

Posto base

Secretaría Xeral

17

C1/C2

M

Compostela

PF000679

Posto base

Secretaría Xeral

17

C1/C2

M

Compostela

PF000686

Posto base

Consello Social

17

C1/C2

M

Compostela

PF000693

Posto base

Xerencia

17

C1/C2

M

Compostela

PF000694

Posto base

Xerencia

17

C1/C2

M

Compostela

PF000697

Posto base

Xerencia

17

C1/C2

M

Compostela

PF000699

Posto base

Área de Calidade e Mellora do Procedemento

17

C1/C2

M

Compostela

PF000700

Posto base

Oficina de Desenvolvemento Sostible

17

C1/C2

M

Compostela

Comparte coa Área de Calidade e Mellora dos
Procedementos

PF000718

Posto base

Servicio Xestión da Oferta e Programación Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000719

Posto base

Servicio Xestión da Oferta e Programación Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000720

Posto base

Servicio Xestión da Oferta e Programación Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000740

Posto base

Servicio de Asesoría Xurídica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000742

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000743

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000744

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000746

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000747

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000748

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000749

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000750

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000752

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000753

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000754

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000755

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000756

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000758

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000762

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Lugo

PF000763

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000764

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Lugo

PF000765

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000766

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000768

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000769

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000770

Posto base

Servicio de Xestión Académica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000846

Posto base

Unidade de Convenios

17

C1/C2

M

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 9.647,4

PF000847

Posto base

Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

M

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 9.647,4

PF000848

Posto base

Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

M

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 9.647,4

PF000849

Posto base

Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

M

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 9.647,4

PF000850

Posto base

Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

M

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 9.647,4

PF000851

Posto base

Oficina de Mobilidade

17

C1/C2

M

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 9.647,4

PF000865

Posto base

Negociado Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS)

17

C1/C2

M

Compostela

PF000948

Posto base

Negociado Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS)

17

C1/C2

M

Compostela

Comparte CEBEGA

PF000876

Posto base

Oficina Información Universitaria

17

C1/C2

M

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 9.647,4

PF000887

Posto base

Negociado Centro de Linguas Modernas

17

C1/C2

M

Compostela

Certificado negativo delitos sexuais

PF000888

Posto base

Negociado Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)

17

C1/C2

M

Compostela

Comparte co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS)

PF000947

Posto base

Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Enfermaría

17

C1/C2

M

Compostela

PF000964

Posto base

Servizo de Captación Internacional

17

C1/C2

M

Compostela

Nivel B2 de inglés do MCER/CE: 9.647,4

missing image file

Don/dona ....................................................., con DNI ......................., que ocupa o posto de traballo ao servizo da USC localizado en......................................................................................................................

AUTORIZO:

Á Universidade de Santiago de Compostela para que solicite no meu nome unha certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais de que non fun condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e intimidade sexual, e para os únicos efectos do cumprimento da Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia e da Lei 45/2015, do 14 de outubro, do voluntariado.

O que asino en ................................................., ..... de ........................... de 2022