Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22116

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de mestre/a, especialidade educación infantil, grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 2 de decembro de 2021 (DOG do 20 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza na categoría profesional de mestre/a, especialidade educación infantil, grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 31 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 12 de maio de 2022, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Servizo de Prevención de Riscos, Vivendas dos Catedráticos, 3º andar, Campus Vida (avenida das Ciencias, nº 6, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela