Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico das instalacións do parque eólico Orballeira, localizado nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo) e promovido por Sinagra Investiments, S.L. (expediente IN408A/2020/006).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Sinagra Investiments, S.L.

Domicilio social: rúa Emisora, nº 20, Pozuelo de Alarcón, 28224 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Orballeira.

Concellos afectados: A Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo).

Potencia a instalar: 33 MW.

Produción neta anual estimada: 102.370 MWh/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 24.341.039,14 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Orballeira

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

A

650.827,00

4.701.072,00

B

654.764,00

4.701.450,00

C

654.764,00

4.696.172,00

D

653.099,00

4.695.339,00

E

652.585,00

4.695.379,00

F

648.438,00

4.698.341,00

Emprazamento dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Parque eólico Orballeira

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

VP-01

653.907,00

4.700.990,00

VP-02

653.066,00

4.700.225,00

VP-03

652.578,00

4.699.668,00

VP-04

652.404,00

4.699.023,00

VP-05

652.578,00

4.698.345,00

Localización do centro de seccionamento:

Centro de seccionamento

Parque eólico Orballeira

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

2

652.461,00

4.699.386,00

3

652.461,00

4.699.381,00

4

652.451,00

4.699.382,00

5

652.452,00

4.699.387,00

Centroide

652.456,00

4.699.384,00

Localización da torre meteorolóxica:

Torres meteorolóxicas

Parque eólico Orballeira

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

TM

652.926,00

4.699.837,00

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

5 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa 6.600 kW de potencia unitaria, con velocidade e paso variables, altura de buxa 135 m e 170 m de diámetro de rotor.

5 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 7.000 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

Rede eléctrica soterrada a 30 kV, con condutor tipo AL HEPRZ1 18/30kV 1x240, 400, 630K + H 16 Cu, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV.

Unha torre meteorolóxica de 135 m de altura.

Centro de interconexión, con edificio de control equipamentos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

A rede colectora soterrada formada por dous circuítos principais transportará a enerxía ata o centro de interconexión e medida. Desde aquí establecerase unha conexión coa SET Neboada, 30/220 kV.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e proxecto de interese autonómico.

Esta documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 63/982 88 90 60) e de Ourense (rúa Curros Enríquez, 1, 4º, 32071 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, respectivamente, no correo electrónico enerxia-minas.ceei.ourense@xunta.gal ou nos teléfonos 988 68 77 50/988 38 67 13), así como nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo), e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais