Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 15 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Dodro (expediente-e IN407A 2021/30-1).

Expediente-e: IN407A 2021/30-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Susavila, no lugar de Susavila.

Concello: Dodro.

1. Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 358 m, coa orixe no apoio nº 27 da LMTA PAD809, condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final no CTI (proxectado).

Centro de transformación intemperie proxectado, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, así como no Concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 15 de marzo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/30-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Susavila, no lugar de Susavila.

Concello: Dodro.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados.

Abreviacións: ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais: ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais; m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2; m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Nº de predio

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Propietarios

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso
de enerxía eléctrica

Pol.

Parc.

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

502

1283

Lameiriña

Labor

Hros. Rosa Pérez Monselle

3.0

32.0

3

502

1322

Pocinos

Prado

Beatriz Romero González

27/1

9.0

25.0

171.0

4

502

1323

Pocinos

Labor

Beatriz Romero González

7.0

49.0

5

502

1324

Pocinos

Labor

Carmen Pérez Romero

9.0

66.0

6

502

1325

Pocinos

Labor

Carmen Pérez Romero

14.0

98.0

7

502

1326

Pocinos

Labor

Eloy Calvo Pérez

18.0

133.0

9

502

1372

Prado

Labor

Hros. Antonio Vigo Citoura

18.0

141.0

10

502

1373

Prado

Labor

Carmen Romero Mariño

23.0

186.0

11

502

1374

Prado

Labor

Carmen Romero Mariño

8.0

70.0

12

502

1375

Prado

Labor

Manuel Romero Vigo

13.0

111.0

13

502

1376

Prado

Labor

Vicente José Valeirón Rodríguez

27/2

2.0

50.0

390.0

14

502

1370

Prado

Labor

Hros. Francisco Torres Boga

17.0

135.0

15

502

1369

Prado

Labor

María Esther Vigo Romero

15.0

144.0

16

502

1366

Prado

Labor

María Citoura Susavila

15.0

138.0

17

502

1365

Prado

Labor

Hros. Saturnino Calvo Susavila

10.0

78.0

18

502

1364

Prado

Labor

Fernando Calvo Pérez

15.0

132.0

19

502

1360

Prado

Labor

Ramón Calvo Pérez

21.0

205.0

20

502

1357

Cacheiros

Labor

Ramón Ángel Rodríguez Romero

10.0

75.0

21

502

1356

Cacheiros

Labor

Rosa González Rodríguez

11.0

87.0

22

502

1355

Cacheiros

Labor

Francisco Balirón Pérez

11.0

84.0

23

502

1349

Cacheiros

Labor

Hros. Antonio Romero Tovis

21.0

169.0