Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 24 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto da LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo, nos concellos de Barreiros e Trabada (Lugo) (expediente IN408A 2020/134).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotor: Esus Energía Renovable, S.L. NIF:B27745488.

Denominación do proxecto: modificado proxecto LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros.

Municipios afectados: concellos de Barreiros e Trabada (Lugo).

Orzamento de execución material: 747.671,71 €.

Antecedentes:

Primeiro. O 28 de decembro de 2010, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aprobaba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010. Nesta resolución incluíase a listaxe de parques eólicos admitidos e suplentes, coa súa correspondente puntuación, ademais da listaxe dos parques eólicos excluídos do proceso, coa indicación dos motivos desta exclusión. Entre os admitidos figuraba o parque eólico Mondigo.

Segundo. O 30.6.2020, a empresa Esus Energía Renovable, S.L. presentou a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a aprobación do proxecto sectorial do proxecto para a execución da LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo. Xunto coa solicitude, o promotor achega a seguinte documentación: documentación xustificativa da capacidade legal, proxecto de execución, documentación ambiental segundo o establecido na Lei 21/2013, separatas técnicas e proxecto sectorial.

Terceiro. O 12.11.2020, o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais comunicou a Esus Energía Renovables, S.L. que a solución de evacuación proposta non coincide coa presentada e valorada no concurso eólico convocado pola Orde do 29 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia núm. 61, do 31 de marzo). Polo tanto, requíreselle que presente a correspondente solicitude de valoración da modificación por parte da Comisión de seguimento do concurso eólico.

Cuarto. O promotor presentou a requirida solicitude e documentación complementaria, e continuando co procedemento por parte da Comisión de seguimento do concurso eólico, o 5.10.2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais emitiu a resolución favorable pola cal se aprobaron os cambios no proxecto do parque eólico e da solución final de evacuación proposta.

Quinto. En relación coas posibles afeccións do proxecto, o 24.8.2021 remitiuse a solicitude do proxecto, xunto coa documentación modificada deste, á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, debido á afección do trazado da liña a reservas da biosfera. Con data do 27.10.2021, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emite o informe solicitado en que conclúe que non se detectan afeccións que poidan resultar incompatibles co proxecto, e indica unha serie de consideracións para considerar.

Sexto. Mediante Resolución do 28.9.2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia do procedemento administrativo correspondente á LAT 132 kV Evacuación PE Mondigo, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á información pública e á presentación de solicitudes e recursos.

Sétimo. Para os efectos de continuar coa tramitación do expediente por parte da unidade tramitadora, conforme o exixido no artigo 33.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, deuse traslado a esta xefatura territorial da documentación que o conforma con data do 12.11.2021.

Características técnicas das instalacións:

– Liña de evacuación da enerxía eléctrica xerada polo PE Mondigo de 132 kV de tensión nominal, cun trazado que discorre polos concellos de Trabada e Barreiros, desde a SET PE Mondigo 132/30 kV á subestación SE Barreiros de 132 kV.

– A LAT de evacuación ten unha lonxitude total de 4827 m. Discorre 187m en subterráneo á saída da SET PE Mondigo ata o apoio denominado nº 2 e 50 m en subterráneo desde o apoio nº 15 á entrada da subestación SE Barreiros, con cable unipolar con illamento de polietileno reticulado (XLPE), tipo: RHZ1 OL 132 kV 1×630Ao+205 mm².

– O trazado da LAT será de 4,59 km en aéreo desde o apoio denominado nº 2 ao apoio nº 15 en simple circuíto en triángulo tipo 242-Ao 1/39-ST1A (antigo A-280) e condutor protección OPGW.

Obxecto da información pública:

– A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións.

Documentación que se expón:

– O proxecto de execución (de febreiro de 2022).

– O estudo de impacto ambiental (EIA) (de febreiro de 2022).

– O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, de decembro de 2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da citada Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 63, así como nos concellos de Barreiros e Trabada (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/lat-mondigo

Lugo, 24 de marzo de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo