Por Resolución do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, someteuse a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Merendón, emprazado nos concellos de Oia e O Rosal da provincia de Pontevedra, promovido por Tiraventos, S.L. (expediente IN661A 2011/19-4).
De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de outubro de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 25 de outubro de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Por este motivo, a citada información pública fíxose polo prazo de 15 días.
Vista a sentenza núm. 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que a mesma non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, en base ao principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, sométese de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Merendón.
En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante: Tiraventos, S.L.
Denominación do proxecto: parque eólico Merendón.
Concellos afectados: Oia e O Rosal (Pontevedra).
Potencia que se vai instalar: 21 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 5.
Produción neta anual estimada: 75.485 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material): 15.125.749,74 €.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
Vértices |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
1 |
511.074,60 |
4.648.234,40 |
2 |
510.740,00 |
4.648.222,00 |
3 |
510.628,80 |
4.647.204,10 |
4 |
510.603,40 |
4.646.945,40 |
5 |
510.834,80 |
4.645.741,30 |
6 |
511.156,70 |
4.645.714,50 |
7 |
511.387,50 |
4.646.247,30 |
8 |
511.958,00 |
4.646.008,00 |
9 |
510.935,00 |
4.643.903,00 |
10 |
510.312,30 |
4.643.903,00 |
11 |
510.294,50 |
4.643.712,00 |
12 |
511.325,00 |
4.643.651,00 |
13 |
512.549,00 |
4.646.329,00 |
14 |
512.995,00 |
4.646.318,00 |
15 |
513.203,00 |
4.646.640,00 |
16 |
512.711,60 |
4.647.021,30 |
17 |
512.574,60 |
4.646.884,30 |
18 |
512.224,60 |
4.646.934,30 |
19 |
512.209,10 |
4.647.026,80 |
20 |
512.006,00 |
4.647.029,10 |
21 |
511.088,00 |
4.646.871,00 |
22 |
511.174,60 |
4.647.534,40 |
Coordenadas dos aeroxeradores:
Aeroxerador |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
1 |
510.905,20 |
4.647.877,50 |
2 |
510.839,00 |
4.646.900,00 |
3 |
511.021,30 |
4.645.943,40 |
4 |
511.711,20 |
4.646.763,40 |
5 |
512.902,50 |
4.646.577,40 |
Coordenadas da subestación de manobra:
Envolvente |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
1 |
511.852,50 |
4.646.625,20 |
2 |
511.872,70 |
4.646.659,70 |
3 |
511.915,90 |
4.646.634,50 |
4 |
511.895,70 |
4.646.600,00 |
5 |
511.874,30 |
4.646.612,20 |
6 |
511.869,60 |
4.646.615,00 |
Coordenadas da subestación elevadora:
Envolvente |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
1 |
512.521,80 |
4.641.801,60 |
2 |
512.556,40 |
4.641.775,70 |
3 |
512.575,00 |
4.641.761,80 |
4 |
512.584,10 |
4.641.754,20 |
5 |
512.578,20 |
4.641.745,80 |
6 |
512.595,20 |
4.641.731,80 |
7 |
512.577,50 |
4.641.711,40 |
8 |
512.503,80 |
4.641.765,60 |
9 |
512.509,20 |
4.641.788,70 |
10 |
512.510,60 |
4.641.808,50 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Cinco (5) aeroxeradores modelo Vestas V136 de 4.200 kW de potencia nominal unitaria, de 112 m de altura de buxeiro e 136 m de diámetro de rotor.
– Cinco (5) centros de transformación de potencia aparente 4.700 kVA e tensión 0,72/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.
– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por dous (2) circuítos con cables RHZ1 H-16 18/30kV 2×Al de 95 mm2 e 400 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación de manobra.
– Subestación de manobra e centro de mando e control do parque. A subestación estará composta das seguintes posicións: unha (1) posición de liña para o circuíto 1 do parque eólico. Unha (1) posición de liña para o circuíto 2 do parque eólico. Unha (1) posición de interruptor automático. Unha (1) posición de transformador de servizos auxiliares. Unha (1) posición de medida de facturación e proteccións. Unha (1) posición de liña para a saída a liña de evacuación. Un (1) transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 50 kVA. Así mesmo, para realizar as funcións de control, mando e protección da instalación montaranse os seguintes cadros: servizos auxiliares; baterías de corrente continua de 125 Vcc; proteccións eléctricas, e sistema de control e SCADA.
– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, con cables RHZ1 H-16 18/30 kV 1×Al de 400 mm2, de interconexión entre a subestación de manobra e a subestación de transformación 30/132 kV.
– Subestación de transformación 30/132 kV, que contará coas seguintes instalacións: unha (1) posición de transformador de 132 kV cos equipos necesarios de protección e medida. Un (1) transformador de 25 MVA, de tensións nominais 30/132 kV. Unha (1) posición de liña de 30 kV para a liña procedente do parque cos equipos necesarios de protección e medida. Unha (1) posición de 30 kV para o transformador de potencia cos equipos necesarios de protección e medida. Unha (1) posición para transformador de servizos auxiliares. Un (1) transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 40 kVA. Un (1) grupo electróxeno de 40 kVA, 400/230 V, 50 Hz. Así mesmo, para realizar as funcións de control, mando e protección da instalación montaranse os seguintes cadros: servizos auxiliares; baterías de corrente continúa 48 Vcc; proteccións eléctricas e sistema de control e SCADA. En 132 kV o transformador está directamente conectado á posición de 132 kV da subestación O Rosal mediante barras.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental, a relación de bens e dereitos afectados, a cal figura no anexo que se inserta nesta resolución e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
De acordo co artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consérvase a validez de todas as alegacións xa presentadas que obran no expediente.
Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.
Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias dos concellos de Oia (Vista Alegre, s/n, 36794 Oia) e O Rosal (praza do Calvario, 1, 36770 O Rosal).
Pontevedra, 8 de marzo de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Oia |
||||||||||
Ref. catastral |
Polg. |
Parc. |
Propietario |
Pleno dominio |
Serv. de paso (vía e gabia) |
Serv. |
Pleno dominio subest. |
Serv. de paso (gabia) |
Cultivo |
Lugar |
36036A03901230 |
39 |
1230 |
MVMC de Loureza Oia |
11.793,80 |
14.911,17 |
18.389,94 |
- |
- |
MM Piñeiral madeireiro |
Tilleiros de Oia |
36036A05000168 |
50 |
168 |
MVMC de Loureza Oia |
- |
5.786,21 |
2.492,09 |
- |
- |
MT Matogueira |
Tou Morto |
Concello do Rosal |
||||||||||
Ref. catastral |
Polg. |
Parc. |
Propietario |
Pleno dominio |
Serv. de paso |
Serv. |
Pleno dominio subest. |
Serv. de liña |
Cultivo |
Lugar |
36048A00600163 |
6 |
163 |
MVMC de Santa Mariña do Rosal |
5.408,93 |
16.191,79 |
8.751,41 |
- |
1.512,97 |
MT Matogueira/MM Piñeiral madeireiro |
Río Rigueiro |
36048A00700820 |
7 |
820 |
MVMC de Santa Mariña do Rosal |
- |
2.061,47 |
- |
- |
1.195,10 |
MM Piñeiral madeireiro |
Crestos |
36048A00800044 |
8 |
44 |
MVMC de Santa Mariña do Rosal |
- |
2.620,49 |
- |
- |
3.969,07 |
MM Piñeiral madeireiro/MT Matogueira |
Balordena |
36048A00900324 |
9 |
324 |
MVMC de Santa Mariña do Rosal |
- |
7.177,53 |
- |
- |
- |
MM Piñeiral madeireiro |
Olla Marin |
36048A01000001 |
10 |
1 |
MVMC de Santa Mariña do Rosal |
11.509,04 |
37.294,66 |
8.082,56 |
- |
5.646,17 |
MT Matogueira/EU Eucaliptus/MM Piñeiral madeireiro |
Sen paraxe |
36048A01100001 |
11 |
1 |
MVMC de Santa Mariña do Rosal |
6.998,33 |
8.314,70 |
4.646,20 |
- |
3.521,70 |
MM Piñeiral madeireiro |
Sen paraxe |
36048C51002216 |
510 |
2216 |
Grupo Ecoener |
- |
- |
- |
2.835,36 |
- |
C-Labor ou labradío secaño |
Estrada |
36048C51002218 |
510 |
2218 |
José Ramón Cerqueira |
- |
- |
- |
893 |
- |
C-Labor ou labradío secaño |
Estrada |