Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico dos Cotos, emprazado no concello de Cerdedo-Cotobade da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/18-4).

Mediante a Resolución do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, someteuse a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico dos Cotos, emprazado no concello de Cerdedo-Cotobade da provincia de Pontevedra, promovido por Tiraventos, S.L. (expediente IN661A 2011/18-4).

Así mesmo, mediante a Resolución do 30 de decembro de 2021, da mesma xefatura territorial, someteuse a información pública a rectificación das afeccións indicadas na relación de bens e dereitos afectados da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico dos Cotos, localizado no concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/18-4).

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de outubro de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 25 de outubro de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Por este motivo, a citada información pública fíxose polo prazo de 15 días.

Vista a Sentenza núm. 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, sométese de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico dos Cotos.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Tiraventos, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico dos Cotos.

Concellos afectados: Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 30 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6.

Produción neta anual estimada: 120.459 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 20.888.394,55 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

539.389,00

4.702.283,00

2

539.418,00

4.702.502,00

3

540.524,90

4.703.133,60

4

541.402,00

4.702.256,50

5

541.204,00

4.702.070,00

6

540.969,00

4.701.709,00

7

541.140,00

4.701.610,00

8

541.349,00

4.701.610,00

9

541.454,00

4.701.771,00

10

541.522,00

4.701.799,00

11

541.944,00

4.701.653,00

12

542.379,50

4.701.239,10

13

542.815,00

4.700.235,00

14

542.257,00

4.699.050,00

15

542.177,00

4.699.050,00

16

540.846,50

4.699.589,50

17

540.654,70

4.699.948,70

18

541.361,00

4.701.296,00

19

541.320,00

4.701.592,00

20

541.189,00

4.701.557,00

21

540.996,00

4.701.613,00

22

540.877,00

4.701.700,00

23

540.898,00

4.701.826,00

24

539.771,00

4.702.054,00

25

539.559,00

4.701.967,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

539.619,00

4.702.357,00

2

540.471,00

4.702.830,00

3

540.904,00

4.699.910,00

4

541.785,00

4.700.604,00

5

542.110,00

4.699.294,00

6

542.471,00

4.700.033,00

Coordenadas da subestación:

Envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

A

542.002,50

4.700.300,70

B

542.020,30

4.700.333,50

C

542.060,40

4.700.311,70

D

542.042,60

4.700.278,90

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Seis (6) aeroxeradores modelo Vestas V150 de 5.000 kW de potencia nominal unitaria, de 125 m de altura de buxeiro e 150 m de diámetro de rotor.

– Seis (6) centros de transformación de potencia aparente 7.000 kVA e tensión 0,720/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por tres (3) circuítos con cables RHZ1 H-16 18/30 kV 1xAL de 150 e 240 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación. A mesma gabia incluirá cablaxe de terra de Cu de 50 mm².

– Subestación de transformación 30/66 kV e centro de mando e control.

A subestación estará composta das seguintes posicións: tres (3) posicións de liña para os circuítos do parque; unha (1) posición de interruptor automático; unha (1) posición de transformador de servizos auxiliares; unha (1) medida de facturación e proteccións; unha (1) posición de liña para a saída ao transformador de potencia; un (1) transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 50 kV; un (1) transformador de potencia 30/66 kV de 45 MVA e un módulo híbrido tipo PASS (GIS) de 66 kV con saída a liña de evacuación.

Así mesmo, para realizar as funcións de control, mando e protección da instalación montaranse os seguintes cadros: servizos auxiliares, baterías de corrente continua de 125 Vcc, proteccións eléctricas e sistema de control e SCADA.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental, a relación de bens e dereitos afectados, a cal figura no anexo que se insire nesta resolución e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

De acordo co artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consérvase a validez de todas as alegacións xa presentadas que constan no expediente.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do concello de Cerdedo Cotobade (praza do Concello, 1, 36130 Cerdedo-Cotobade, Pontevedra).

Pontevedra, 8 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Propietario

Pleno dominio

Pleno dominio subest.

Serv. de paso (vía e gabia)

Serv. voo

Serv. paso (gabia)

Serv. temporal

Uso principal

Cultivo

Lugar

36012A04000859

40

859

Monte veciñal de Carballedo

3.432

Agrario

MT Matogueira

Monte Castelo

36012A04100062

41

62

Monte veciñal de Carballedo

6.706

17.674

11.384

Agrario

EU Eucaliptos/MT Matogueira

Monte Castelo

36012A04100774

41

774

Monte veciñal de Rebordelo

18.589

Agrario

MT Matogueira/EU Eucaliptus

Lg. Lagoas (As)-Rebordelo

36012A04100776

41

776

Monte veciñal de Carballedo

1.317

Agrario

MT Matogueira

Porteliña

36012A04100777

41

777

Monte veciñal de Carballedo

5.432

6.990

9.859

Agrario

EU Eucaliptos/MT Matogueira

Monte castelo

36012A04100782

41

782

Monte veciñal de Viascón

2.198

Agrario

MT Matogueira

Porteliña

36012A04100786

41

786

Monte veciñal de Carballedo

3

Agrario

MT Matogueira

Porteliña

36012A05400090

54

90

Monte veciñal de Rebordelo

2.618

15.181

9.328

1.416

Agrario

MT Matogueira/MM Piñeiral madeirable/E-Pastos

Lg. Martices (Os)-Rebordelo

36012A05400771

54

771

Monte veciñal de Loureiro

2.784

1.164

3.046

582

Agrario

MT Matogueira/E-Pastos

Cornas

36012A05500239

55

239

Monte veciñal de Borela

7.335

7.304

12.122

Agrario

MT Matogueira/EU Eucaliptos

Lg. Pazos-Borela, Siltalto

36012A05500267

55

267

Monte veciñal de Rebordelo

8.221

34.771

12.469

Agrario

EU Eucaliptos/MM Piñeiral madeirable

Pb Quinteiro Riba-Rebordelo, Coto do Facho

36012A05600446

56

446

Monte veciñal de Borela

2.266

Agrario

MT Matogueira

Lg. Graña (A)-Borela, Monte de Pena Gadeira

36012A05601165

56

1165

Monte veciñal de Rebordelo

317

Agrario

MT Matogueira

Pena Gadeira

36012A05700030

57

30

Monte veciñal de Borela

1.602

8.985

Agrario

MT Matogueira

Freixa

36012A05700249

57

249

Monte veciñal de Rebordelo

6.063

4.441

8.895

2.564

862

Agrario

MT Matogueira

Freixa

36012A05700250

57

250

Monte veciñal de Loureiro

511

Agrario

MT Matogueira

Freixa

36012A05700251

57

251

Monte veciñal de Augasantas

891

Agrario

EU Eucaliptos

Freixa

36012B51401907

514

1907

Descoñecido

392

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Cancela

36012B51401908

514

1908

Luis Félix

307

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Cancela

36012B51401909

514

1909

José Bernárdez Martínez

715

Agrario

MM Piñeiral madeirable/PD Prados ou pradarías

Cancela

36012B51401910

514

1910

Dolores Piñón

329

Agrario

MM Piñeiral madeirable/PD Prados ou pradarías

Lg. Pozo Negro (O)-Rebordelo, Coba

36012B51401911

514

1911

José Vicente García Nogueira

980

Solo sen edif.

PD Prados ou pradarías

Lg. Pozo Negro (O)-Rebordelo, Coba

36012B51401919

514

1919

Hrdos. de Aurita Touriño

42

Agrario

PD Prados ou pradarías

Lg. Quinteiro Baixo-Rebordelo, Cancela

36012B51401962

514

1962

Igrexa católica

60

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Pb. Quinteiro Riba-Rebordelo

36012B51401986

514

1986

Delmiro Morgado

76

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401987

514

1987

Descoñecido

911

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401988

514

1988

Descoñecido

1.413

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401989

514

1989

Descoñecido

14

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401990

514

1990

Antonio Ogando

423

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401991

514

1991

Antonio Vidal

159

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Fentales

36012B51401992

514

1992

Descoñecido

101

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401993

514

1993

Descoñecido

86

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401994

514

1994

Francisco Morgade

889

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Abeleira

36012B51401995

514

1995

Miguel Morgade

283

Agrario

PD Prados ou pradarías

Finca Diestro

36012B51401996

514

1996

Descoñecido

150

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51401997

514

1997

José Míguel Estévez

349

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Finca Diestro

36012B51402000

514

2000

Aurora Rodríguez Pousada

302

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Cancela

36012B51402001

514

2001

Consuelo Ogando Vidal

889

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Arriba da Pedra

36012B51411918

514

11918

Consuelo Ogando Vidal

130

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Carballinos

36012B51421916

514

21916

Descoñecido

50

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Carballinos

36012B51421918

514

21918

Descoñecido

239

Agrario

MM Piñeiral madeirable

Lg. Quinteiro Baixo-Rebordelo, Carballinos

36012B51602140

516

2140

Descoñecido

212

Solo sen edif.

PD Prados ou pradarías

Pb Quinteiro Riba-Rebordelo, Salgueiro

36012B51602141

516

2141

María Concepción Vidal

86

Solo sen edif.

MM Piñeiral madeirable

Lg. Salgueiro (O)-Rebordelo, Salgueiro

36012B51602142

516

2142

Descoñecido

1

Solo sen edif.

MM Piñeiral madeirable

Pb. Quinteiro Riba-Rebordelo, Salgueiro

36012B51605036

516

5036

Monte veciñal de Rebordelo

176

Solo sen edif.

MM Piñeiral madeirable

Pb Quinteiro Riba-Rebordelo, Quinteiro de Arriba