Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21948

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de notificación de xestión da biomasa.

Sendo preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido nos artigos 22.3 da Lei 3/2007, e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, quedando a eficacia do acto notificado supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícase e requírese ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas e concédeselles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

150/2022

Marina Álvarez Alonso

36054A099004060000EM

1294/2021

Benito de la Iglesia Blanco

36054A087001420000EM

2114/2021

María Naike Méndez Vicente

36054A023003450000ES

2618/2021

Rosalía Pousa Diego

36054A019001740000EI

728/2022

Recaredo Martínez Martínez

36054A088002360000EG

Tomiño, 23 de marzo de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 13.9.2019)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente