Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 1 de marzo de 2022, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Viñas Dios, S.L. de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario da Illa de Arousa (O Xufre) (expediente 13-04-22-C1).

Juan Carlos Viñas Dios solicita, en nome e representación de Viñas Dios, S.L., a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario da Illa de Arousa (O Xufre) con guindastre, báscula, caseta e nave desmontable para o desenvolvemento das actividades de carga e descarga de mexillón, pesaxe de camións, garaxe de medios mecánicos, taller de reparacións menores e almacenamento en superficie de elementos (palés/caixas) de transporte de mexillón.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 1 de marzo de 2022

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia