Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21696

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 18 de marzo de 2022 de aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Mesía.

O Concello de Mesía remitiu a modificación puntual referida en solicitude da súa aprobación definitiva conforme ao artigo 60.16 da Lei 2/2016, do solo de Galicia (LSG) e no artigo 144.16 do seu regulamento, aprobado por Decreto 143/2016 (RLSG), en cumprimento do sinalado no artigo 87 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (LMFAO).

Analizada a documentación achegada polo concello, subscrita polo arquitecto Isidro López Yáñez; e, vista a proposta literal que eleva a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Mesía conta cun plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente por Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 26.12.2012. Posteriormente, por Sentenza nº 114/2016 do 25.2.2016 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulouse ese PXOM de Mesía no que afecta a regulación do solo S-03 ARS-03.

2. O Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-03 ARS-03 do PXOM de Mesía foi aprobado definitivamente polo pleno municipal do 12.7.2013. Posteriormente, por Sentenza nº 125/2016 do 25.2.2016 do TSXG anulouse ese plan parcial, non admitíndose, porén o recurso en canto á aprobación dos proxectos de urbanización e equidistribución.

3. A sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña do 29.6.2015 desestimou os recursos interpostos contra a aprobación municipal, entre outros, dos proxectos de urbanización e de equidistribución do solo urbanizable S-03 ARS-03. A sección 2ª da Sala do Contencioso do TSXG, mediante Sentenza nº 126/2016 do 25.2.2016, desestimou o recurso de apelación interposto contra esta sentenza.

4. Logo da anulación do planeamento, tramitouse o procedemento previsto nos artigos 84 a 93 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, para a adopción de medidas de ordenación provisional do ámbito. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o 9.1.2019 informe sobre o estudo previo á súa adopción, ao abeiro do artigo 88.3 da Lei 2/2017. O instrumento de ordenación urbanística provisional foi aprobado definitivamente polo concello pleno do 7.2.2020.

5. A Sentenza 449/2021, do 1 de outubro, do TSXG anulou o instrumento de ordenación provisional, sentenza que non é firme, segundo a documentación achegada.

6. A modificación realízase de oficio polo concello, en cumprimento das exixencias que derivan da regulación contida ao respecto na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (LMAFAO).

7. O concello solicitou o inicio da avaliación ambiental estratéxica prevista no artigo 60.2 LSG, mediante escrito do 14.1.2021. No seo do dito trámite de consultas, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe 23.3.2021.

8. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou o informe ambiental estratéxico da modificación con data do 26.4.2021 (DOG do 13 de maio), resolvendo non someter esta a avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

9. O arquitecto técnico municipal e o secretario-interventor municipal emitiron o 16.8.2021 cadanseu informe favorable á aprobación inicial da modificación.

10. O concello pleno aprobou inicialmente a modificación en sesión do 24.8.2021. Foi sometido a información pública por dous meses (La Voz de Galicia do 25.8.2021 e Diario Oficial de Galicia do 3 de setembro). Presentouse unha alegación.

11. En materia de informes sectoriais non autonómicos, no expediente constan:

a) Área de Fomento da Subdelegación do Goberno: informe do 24.11.2021, sen obxección.

b) Subdirección Xeral de Planificación, Rede Transeuropea e Loxística do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana: informe do 28.9.2021, de non afección.

c) Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital: informe do 14.1.2022, favorable.

12. No que afecta os informes sectoriais autonómicos e audiencia os concellos limítrofes (artigo 60.7 da LSG) a DXOTU emitiu un informe do resultado do trámite o 13.1.2022:

a) Foron emitidos todos os informes sectoriais autonómicos solicitados:

Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil: informe do 18.11.2021 de innecesariedade o informe da Comisión Galega de Protección Civil.

Servizo de Montes da Consellería: informe favorable do 14.12.2021.

Augas de Galicia: informe do 13.12.2021, favorable.

Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático: informe en materia de solos contaminados do 20.12.2021.

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural: informe do 3.1.2022, favorable.

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural: informe favorable do 10.1.2022.

Consellería do Medio Rural: informes da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, do 29.12.2021; así como da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural do 10.1.2022, favorable.

Instituto de Estudos do Territorio: informe do 12.1.2022, sen obxeccións.

b) Deuse audiencia aos concellos limítrofes, recibíndose respostas sen obxeccións de todos: Ordes, do 26.11.2021; Abegondo, do 26.11.2021; Boimorto, do 13.12.2021; Curtis, do 28.12.2021; Carral, do 28.12.2021; Vilasantar, do 30.12.2021; Frades, do 3.1.2021 e Oza-Cesuras, do 7.1.2022.

13. O arquitecto técnico e o secretario municipais emitiron o 3.2.2022 cadanseu informe favorable á aprobación provisional da modificación.

14. A modificación foi aprobada provisionalmente polo concello pleno de data do 11.2.2022.

15. O concello solicitou a aprobación definitiva da modificación con documentación que tivo entrada con datas do 23.2.2022, 3.3.2022 e 15.3.2022.

II. Obxecto e descrición do proxecto.

1. O ámbito da modificación é o antigo sector de solo urbanizable industrial S-03 do plan xeral de ordenación municipal, de 23.205 m2 de superficie, no lugar de Campo, que xunto co elemento do sistema xeral SRX-06 integrou a área de reparto ARS-03, cunha superficie total del 29.781 m2 e unha edificabilidade total de 15.315 m2 (0,66 m2/m2).

2. Conforme ao establecido na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, o ámbito e a ordenación da modificación coinciden cos do instrumento de ordenación provisional aprobado.

3. As obras de urbanización do sector, realizadas ao abeiro do proxecto de urbanización que non foi anulado, foron recibidas de xeito provisional polo concello o 1.8.2014 (punto 2.2 da memoria xustificativa do borrador e do documento de aprobación provisional).

4. O Obxectivo da presente modificación puntual é dar cumprimento ao previsto no artigo 87.2 da LMAFAO, adaptando a clasificación do solo á realidade do planeamento executado.

III. Análise e consideracións.

1. Razóns de interese público da actuación (punto III.1 do informe da DXOTU do 23.3.2021): a formulación da modificación ten abeiro no sinalado no artigo 87.2 da Lei 2/2017, que establece que «en todo caso, o concello que aprobe instrumentos de ordenación provisional dos previstos na presente lei deberá presentar o borrador do novo instrumento de planificación no prazo dun ano, aprobar inicialmente o novo instrumento no prazo de dous anos e aprobar provisionalmente o novo instrumento de ordenación no prazo de tres anos e seis meses. Os anteriores prazos contaranse cada un deles desde a data de publicación do acordo de aprobación definitiva do instrumento de ordenación provisional».

Considerando que a sentenza 449/2021, do 1 de outubro, do TSXG que anulou o instrumento de ordenación provisional, non é firme segundo se desprende do certificado municipal con data do 11.2.2022 de aprobación provisional da modificación puntual, que se consta no expediente administrativo remitido, a obriga legal sinalada resulta imperativa.

Na data actual o instrumento de ordenación provisional ao que se refire o acordo sinalado, consta inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, resultando obrigado para o concello comunicar ao rexistro calquera modificación con transcendencia rexistral na que tiveran intervido en razón da súa competencia, no prazo dun mes a partir da aprobación definitiva da modificación polo órgano competente (artigo 213 RLSG). Tal circunstancia afecta a calquera resolución posterior á aprobación definitiva dos documentos, tanto administrativa ou xudicial, que afecte ao seu contido (artigo 208.1 RLSG).

2. En todo caso, cómpre formular dúas puntualizacións sobre erros materiais observados:

a) A superficie edificable lucrativa da parcela industrial é de 14.873 m2, como se recolle nas páxinas 12 e 14 da memoria xustificativa da modificación; en vez da edificabilidade máxima e coeficiente de edificabilidade indicadas no cuarto parágrafo do punto 3 do artigo 8.3.1 proposto, referidos ao plan parcial anulado.

b) Polo que respecta aos usos compatibles permitidos, a condición de solo urbano consolidado implica non permitir ampliar os usos lucrativos respecto dos da ordenación anterior, polo que o uso administrativo debe estar vinculado ao industrial, e o comercial á exposición e venda do produto manufacturado (artigo 12 da normativa do plan parcial anulado); non resultando admisibles as oficinas en grao 2º nin o comercio en grao 2º.

A competencia para resolver a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de conformidade co disposto nos artigos 60.16, 61.1, 83.5 da LSG e no artigo 146.1 e 200.5 do RLSG, en relación co Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería.

IV. Resolución.

En consecuencia, visto o que antecede, e ao abeiro do disposto nos artigos 83 e 60.16 da LSG, e no artigo 87.2 da LMFAO,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Mesía, coas puntualizacións sinaladas no apartado III.2 anterior.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a MP no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a Normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese esta orde ao Concello.

5. Contra esta Orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, o 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda