Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21249

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Local Os Peares

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación de crédito.

En cumprimento do artigo 169.1, por remisión do 177.2, do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, ao non se presentaren alegacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario do 4 de xuño de 2021, sobre o expediente de modificación de créditos do orzamento en vigor na modalidade de crédito extraordinario e suplemento de crédito, financiado con cargo ao remanente líquido de tesoraría, como segue a continuación:

Altas en aplicacións de gastos

Crédito extraordinario:

Aplicación orzamentaria

Descrición

Euros

Progr.

Económica

337

619

Lecer e tempo libre. Outros investimentos de reposición de infraestruturas e bens destinados ao uso xeral

23.000

172

22799

Protección e mellora do ambiente. Servizos realizados por outras empresas ou profesionais

14.278

454

619

Camiños veciñais. Outros investimentos de reposición de infraestruturas e bens destinados ao uso xeral

11.000

150

622

Servizos públicos básicos. Edificios e outras construcións (adquisición de inmoble)

30.000

Total gastos

78.278

2º. Financiamento.

Esta modificación finánciase con cargo ao remanente líquido de tesouraría resultante da liquidación do exercicio anterior, nos seguintes termos:

Altas en conceptos de ingresos

Económica

Descrición

Euros

Concepto

870.00

Remanente de tesouraría para gastos xerais

78.278

Total ingresos

78.278

Contra o presente acordo, en virtude do disposto no artigo 171 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo na forma e prazos establecidos nos artigos 25 a 42 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdición.

Sen prexuízo diso, a teor do establecido no artigo 171.3 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a interposición do devandito recurso non suspenderá por si soa a efectividade do acto ou acordo impugnado.

Os Peares, 9 de marzo de 2022

Manuel Seoane Rodríguez
Presidente do Consorcio Local Os Peares