Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 21019

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de inicio de execución subsidiaria por incumprimento de orde de execución.

En ausencia de domicilio coñecido para efectos de notificacións, faise público o inicio da execución subsidiaria por incumprimento de orde de execución.

Unha vez ditada a orde de execución de limpeza de predios, ao abeiro do previsto no artigo 22 da Lei 3/2007, mediante o Decreto 678/2021, contra a titular catastral da parcela 860 do polígono 4 de Pedra Rubia, en Mougás, e rematado o prazo concedido para a limpeza, 15 días hábiles, compróbase o incumprimento da orde no informe técnico municipal do 9 de febreiro de 2022, que propón o inicio da execución subsidiaria, de acordo co artigo 22.4 da Lei 3/2007, co cálculo dos custos que repercutirán na persoa titular.

En uso das facultades que me confire a normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da orde de execución imposta polo Decreto 678/2021, do 17 de novembro, contra a persoa titular que segue, na parcela referida e co cálculo dos custos que xerará a limpeza:

Nº exped.

Ref. catastral

Data de publicación

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

Ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión de biomasa

Data de constatación do incumprimento

Persoa responsable

1389/21

URB/57/21

36036A004008600000QP

BOE do 14.1.2022

DOG do 10 de xaneiro

Mougás

Pedra Rubia/4/860

0,078865

133,19 €

9.2.2022

Estrella González

Segundo. A presente resolución constitúe a liquidación provisional en voluntaria dos custos que deberán aboar as persoas obrigadas, cos prazos de pagamento previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de corta e roza.

Terceiro. Identificar, como interesados no expediente, os seguintes propietarios:

Eloy Peres Miniño, solicitante da limpeza.

Estrella González, titular catastral da parcela 860 (ref. catastral 36036A004008600000QP), obrigada ao cumprimento da orde de execución e ao aboamento dos gastos que suporá a execución subsidiaria para esta administración.

Cuarto. Ordenar a publicación do anuncio da presente resolución no BOE e no DOG.

Este acordo pon fin á vía administrativa, polo que pode interpor recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non quere exercer o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ademais, e polo que respecta á liquidación en voluntaria, requírese o pagamento mediante ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Oia en Abanca, número ES86/2080/5080/4130/4000/1001, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 ao 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 ao ultimo do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o ultimo día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de impagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Oia, 24 de febreiro de 2022

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa