Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 21018

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior de solo urbano industrial en Obra de Paño (expediente 2019/U035//000001).

Por acordo da Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 10 de febreiro de 2022, aprobouse inicialmente o Plan especial de reforma interior de solo industrial (solo urbano non consolidado), en Obra de Paño, Casagrande, Bergondo, redactado polos arquitectos Iria Pérez Miranda e Ignacio Lázaro Quintela a instancia de Mateos, S.L.

O instrumento de planeamento e o expediente, sométense a información publica durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión da provincia, de conformidade co previsto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo, de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderán formularse as alegacións que se xulguen pertinentes.

Así mesmo, o expediente poderá ser consultado, mediante ligazón na sede electrónica do Concello de Bergondo:

https://sede.bergondo.gal/opencms/es/informacion/tablon/2022/ANUNCIO_PROG_20220304130011712.html,

ou mediante a consulta nas oficinas da Área de Urbanismo deste Concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Na citada resolución, acórdase a suspensión do outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito territorial afectado polo PERI, polo prazo máximo de dous anos contados a partir da data de aprobación inicial do presente plan especial de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Bergondo, 25 de marzo de 2022

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa