Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 20790

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de marzo de 2022 pola que se modifica a autorización da Escola Familiar Agraria A Cancela, das Neves.

O representante da titularidade da Escola Familiar Agraria (EFA) A Cancela, das Neves (Pontevedra), solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Integración social e o CS Marketing e publicidade, así como a redución de 30 a 20 postos escolares do ciclo formativo de grao medio (CM) Panadaría, repostaría e confeitaría.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización e reducir de 30 a 20 postos escolares o CM Panadaría, repostaría e confeitaría, e autorizar o CS Integración social e o CS Marketing e publicidade, no centro cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación: EFA A Cancela.

Código do centro: 36005671.

Enderezo: Tortoreos, s/n.

Localidade: As Neves (Santa María).

Código postal: 36449.

Concello: As Neves.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación EFA A Cancela.

Composición resultante:

Modalidade presencial, réxime ordinario:

• 1 CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 postos escolares).

• 1 CM Panadaría, repostaría e confeitaría (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• 1 CM Xestión administrativa (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• 1 CS Administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• 1 CS Educación infantil (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• 1 CS Integración social (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• 1 CS Marketing e publicidade (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade