Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de 1986 de cambio de uso da parcela sita na estrada de Vigo, 1B (referencia catastral 2497004NG9826S0001DK), antigamente destinada á estación de autobuses de Ourense (expediente Planeamento Urbanístico 2021022105).

Anúnciase, de conformidade co disposto no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 199.2 do seu regulamento, que o Concello Pleno en sesión ordinaria, do 11 de febreiro de 2022, adoptou entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Concello Pleno en sesión extraordinaria en substitución da ordinaria do día 11 de febreiro do ano 2022 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

5.1. Modificación puntual do PXOU de 1986. Cambio de uso da parcela sita na estrada de Vigo, 1B (referencia catastral 2497004NG9826S0001DK), antigamente destinada a estación de autobuses de Ourense.

De conformidade co informe xurídico do Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, do 8 de agosto de 2021, e coa proposta que contén da Concellería de Urbanismo, do 12 de agosto de 2021, a Comisión de Pleno, por seis votos a favor do grupo municipal do Partido Popular, do grupo municipal de Democracia Ourensana, do grupo municipal de Cidadáns e de María Teresa Rodríguez Garrido, concelleira non adscrita; e catro abstencións do grupo municipal socialista e do grupo municipal do BNG, adopta o seguinte acordo:

Ditaminar favorablemente e elevar ao Pleno a seguinte proposta:

1º. Aprobar, por pedimento da Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de 1986 para o cambio de uso parcial da parcela sita na estrada de Vigo, 1B (referencia catastral 2497004NG9826S0001DK) antigamente destinada de xeito parcial a estación de autobuses de Ourense e da súa contorna, pasando as partes dela e da contorna cualificadas co uso de sistema xeral de transportes e comunicacións aos usos de sistema xeral de equipamento asistencial, sistema local de equipamento deportivo e sistema local de zonas de espallamento e parques, segundo a documentación técnica que consta no expediente do 12 de xullo de 2021 e co CSV FG607QL6A3T791K7.

2º. Ordenar a publicación da dita documentación técnica no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do disposto nos artigos 82.2 da Lei de Galicia 2/2016 e 199.2 do seu regulamento.

3º. Remitir esta modificación puntual ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, ao abeiro dos artigos 88 da Lei de Galicia 2/2016 e 209 do seu regulamento.

Todo iso con base nos informes emitidos polo Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística (técnicos de datas do 9 de xuño de 2021 e do 12 de xullo de 2021 e xurídicos de datas do 10 de xuño de 2021 e do 11 de agosto de 2021), que se integran neste acordo como motivación del e dos que se dará traslado á Administración autonómica promotora mediante a súa copia simple que serán achegados xunto coa notificación que deste acordo sexa practicada.

Réxime de recursos.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, non pode interpoñerse recurso de reposición potestativo ante o órgano que o ditou ao abeiro do disposto nos artigos 84.1 da Lei de Galicia 2/2016 e 201.1 do seu regulamento, por tratarse dunha disposición de carácter xeral.

Cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da súa notificación ou da súa publicación, de conformidade cos artigos 8.1, 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera outro recurso ou acción que xulgue procedente.

O Pleno do Concello por unanimidade dos vinte concelleiros presentes dos vinte e sete que conforman a corporación, isto é, por maioría absoluta dos seus membros, adoptou o seguinte acordo: aprobar a proposta».

Estará dispoñible o contido íntegro do instrumento de planeamento nas webs www.ourense.gal e www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga

Achéganse como anexo os planos do cambio de uso que constan no expediente.

Ourense, 15 de febreiro de 2022

Gonzalo Pérez Jacome
Alcalde presidente

ANEXO

missing image file
missing image file
missing image file