Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20764

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no ámbito da avenida do Grupo Escolar de Maside.

Unha vez aprobada inicialmente mediante Acordo do Pleno Municipal, en sesión ordinaria do día 15 de marzo de 2022, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no ámbito da avenida do Grupo Escolar de Maside, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a que remite o artigo 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, sométese o documento a información pública durante un prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo calquera interesado/a poderá examinalo e formular as alegacións que considere pertinentes presentándoas no Rexistro Municipal, facendo constar a referencia do anuncio. O resumo executivo, xunto co resto dos documentos integrantes do expediente tramitado, poderá consultarse no portal de transparencia da sede electrónica do concello (https://maside.sedelectronica.gal), así como nas dependencias municipais, situadas no número 1 da praza Maior de Maside, das 9.00 ás 13.00 horas.

Maside, 21 de marzo de 2022

José Manuel Iglesias Araújo
Alcalde presidente