Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20323

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de marzo de 2022 pola que se modifica a Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Advertido erro material na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 50, do luns 14 de marzo, procédese a efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 17358 , no último parágrafo da exposición de motivos e onde di: «Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada da Comunidade Autónoma, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,», debe dicir: «Consecuentemente con todo o anterior, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Intervención Delegada da Comunidade Autónoma, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,».