Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións do parque eólico Xesteirón nos concellos de Chandrexa de Queixa e Montederramo, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/032B).

Mediante o Acordo do 2.9.2021, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Xesteirón, situado nos concellos de Chandrexa de Queixa e Montederramo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2022/032B), o cal foi publicado no DOG do 29.9.2021, realizando ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para compareceren.

Ourense, 11 de marzo de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN408A 2020/032B.

Solicitante: Greenalia Wind Power, S.L.U.; CIF: B70501473.

Denominación da instalación: parque eólico Xesteirón.

Termo municipal: Concello de Chandrexa de Queixa e Concello de Montederramo (Ourense).

Parcela

Interesado

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume
de voo (m2)

Plat. (m2)

Gabia (m2)

8

Eligio Álvarez Fernández

28

9

Coutada

Matogueira

63

84

AE01: 3202

10

Francisco Martínez Arias

28

7

Coutada

Matogueira

337

108

AE01: 1094

23

Encarnación Alberto Martínez

28

292

Xesteirón

Pastos

AE02: 28

25

Encarnación Alberto Martínez

27

409

Xesteirón

Pastos

AE02: 2533