Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a citación para o pagamento do prezo xusto pola expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado LAT 132 kV evacuación do parque eólico Ourol (expediente IN408A 2018/18).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 29 46 63, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 11 de marzo de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

– Expediente: IN408A 2018/18.

– Acto notificado: citación para o pagamento do prezo xusto pola expropiación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado LAT 132 kV evacuación parque eólico Ourol.

Nº predio

Polígono

Parcela

Titular proposto

Lugar

Data

Hora

266

48

1519

Josefa Castro Pumares

Concello de Viveiro

3.5.2022

10.15

315

48

967

Ricardo Pita Veiga

Concello de Viveiro

3.5.2022

10.30

339

48

1931

Herdeiros de Clara Camba Fernández

Concello de Viveiro

3.5.2022

10.45

351

48

1945

Herdeiros de Clara Camba Fernández

Concello de Viveiro

3.5.2022

10.45

407

47

50

Manuel Orol Lestegas

Concello de Viveiro

3.5.2022

12.00