Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2022/6-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América 38, 28028 Madrid.

Denominación: LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas II. Soterramento do tramo entre os apoios 37N e 41N.

Situación: Vilaboa.

Características técnicas: liña de alta tensión subterránea, a 66 kV, con condutor AL 630+H165, de 1.112 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo (PAS) no apoio proxectado nº 37N e final no PAS no apoio proxectado nº 41N. Retensado dos vans aéreos comprendidos entre o apoio nº 36 e nº 37N (106,42 metros) e entre o apoio nº 41N e nº 43. A instalación está situada no municipio de Vilaboa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 3 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Vilaboa; lugar: Deilán; titular: herdeiros de Juan Alvariña Martínez, representante Fernández Veras Alvariña; afección: 4 m2 para o apoio 37 N e 4,2 m2 para 3 metros de liña subterránea.

Predio 2. Municipio: Vilaboa; lugar: A Loxe; titular: Juventino Fernández Curra; afección: 4 m2 para o apoio 41 N e 2,52 m2 para 1,8 metros de liña subterránea.

Predio 3. Municipio: Vilaboa; lugar: A Loxe; titular: Concepción Fernández Martínez; afección: 27,95 m2 para 19,41 metros de liña subterránea.