Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/35-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT e CTC O Couto-Tremoedo.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas:

• LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-110, de 156 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 no tramo CBD8032266 e final no apoio existente 9UW5KLKE//38-8.

• LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 177 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio proxectado C-2000/14.

• LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 583 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no CT proxectado.

• Centro de transformación, a 160 kVA con RT 20 kV/400 V.

A instalación está situada nos lugares de Cabreiro e O Couto, Tremoedo, Vilanova de Arousa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Duránte o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 3 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello: Vilanova de Arousa.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Agrario

– Jorge Irago Oubiña

9

16.16

19.1

1.74

337.13

5.22

2

Agrario

– José Felix Acha Paz

78.23

1141.9

3

Agrario

– Consuelo Fontenla Acha

11.03

176.49

4

Agrario

– Victor Gallego Oubiña

5.21

83.41

5

Agrario

– Isabel Lede Padín

7.02

112.01

6

Agrario

– Susana Beatriz Durán Lorenzo

8

1.69

52.39

820.26

7

Roza

Agrario

– Descoñecido 36061A220001360000FB

CT

12.96

2.52

9.2