Vista a sentenza nº 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, conforme o principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, sométese de novo a información pública por un prazo de 30 días a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA).
En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e a Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante/promotora: Energías Ambientales de Somozas, S.A. (CIF A15685373).
Domicilio fiscal: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Domicilio para os efectos de notificacións: avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.
Denominación do proxecto: parque eólico Somozas.
Concello afectado pola poligonal do parque eólico: As Somozas (A Coruña).
Potencia total: 49,67 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 6 ud.×6,6 MW de potencia nominal unitaria (modelo SG155 ou similar)+4 ud.×2,625 MW de potencia nominal unitaria (modelo SG114 ou similar).
Produción neta anual estimada: 168.973 GWh/ano.
Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.373 horas.
Orzamento de execución material: 41.952.973,10 €.
Prazo de execución: 12 meses.
Localización (área de afección):
Parque eólico Somozas |
|
A.D.E. |
Somozas |
Concello |
As Somozas |
Parque eólico Somozas |
|||
Vértice poligonal |
Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 |
Concello |
|
X |
Y |
||
A |
588.802 |
4.822.776 |
As Somozas |
B |
588.965 |
4.822.957 |
|
C |
589.499 |
4.822.379 |
|
D |
590.017 |
4.822.217 |
|
E |
589.950 |
4.821.780 |
|
F |
589.187 |
4.821.215 |
|
G |
589 .510 |
4.819.291 |
|
H |
590.628 |
4.819.155 |
|
I |
590.723 |
4.820.312 |
|
J |
591.014 |
4.820.312 |
|
K |
591.606 |
4.819.294 |
|
L |
591.541 |
4.818.635 |
|
M |
590.145 |
4.818.347 |
|
N |
589.275 |
4.818.828 |
|
Ñ |
588.454 |
4.821.036 |
|
O |
587.817 |
4.821.442 |
|
P |
588.830 |
4.821.564 |
Parque eólico Somozas |
|||
Aeroxerador |
Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 |
Concello |
|
X |
Y |
||
SO01(SG155) |
588.958 |
4.822.824 |
As Somozas |
SO02(SG155) |
589.336 |
4.822.344 |
|
SO03(SG114) |
588.909 |
4.822.399 |
|
SO04(SG155) |
588.985 |
4.820.851 |
|
SO05(SG155) |
589.197 |
4.819.354 |
|
SO06(SG155) |
589.195 |
4.819.802 |
|
SO07(SG155) |
589.364 |
4.819.079 |
|
SO08(SG114) |
590.875 |
4.820.199 |
|
SO09(SG114) |
591.439 |
4.818.869 |
|
SO10(SG114) |
591.432 |
4.819.305 |
Parque eólico Somozas |
|||
Torre meteorolóxica |
Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 |
Concello |
|
X |
Y |
||
TM 1 |
588.931 |
4.820.390 |
As Somozas |
Parque eólico Somozas |
|||
Vértices do perímetro da SET Somozas |
Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 |
Concello |
|
X |
Y |
||
01 |
589.763 |
4.819.219 |
As Somozas |
02 |
589.741 |
4.819.178 |
|
03 |
589.762 |
4.819.167 |
|
04 |
589.784 |
4.819.208 |
Parque eólico Somozas |
|||
Centro de control |
Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 |
Concello |
|
X |
Y |
||
CC |
588.933 |
4.820.253 |
As Somozas |
Obxecto da actuación:
Modificación substancial do parque eólico en funcionamento Somozas (parque formado pola unificación nun só parque dos parques eólicos Monte Serra (expediente IN661A 1997/6-1), parque eólico Monte Marbán (expediente IN661A 1997/7-1) e parque eólico Monte Villalbesa (expediente IN661A 1997/8-1), mediante a Resolución do 20 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, e con posterioridade modificado parcialmente (expediente IN661A 2002/10).
A modificación substancial consiste na substitución dos 80 aeroxeradores actuais (79 de 600 kW e 1 de 1.600 kW) por 10 aeroxeradores de maiores dimensións e potencia unitaria cada un deles, mantendo a mesma potencia total instalada no parque (49,6 MW). Subirase a tensión dos circuítos de media tensión do parque de 20 kV a 30 kV e executarase a adaptación e mellora da actual subestación transformadora (SET) do parque eólico Somozas.
Na fase de desmantelamento do parque recóllese a retirada dos aeroxeradores, da torre meteorolóxica, as cimentacións e plataformas de montaxe, así como daquelas canalizacións eléctricas subterráneas e camiños para os que non se prevé o seu uso coa nova configuración.
Características técnicas da instalación:
Dez (10) aeroxeradores tripá, 6 deles de 6,6 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade e paso variables, altura ata a buxa de 122,5 m e un diámetro de rotor de 155 m e 4 unidades de 2,625 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade e paso variables, altura ata a buxa de 80 m e un diámetro de rotor de 114 m.
Dez (10) centros de transformación montados no interior das góndolas dos aeroxeradores, de illamento seco, 6 de potencia aparente nominal 7.500 kVA e 4 de 2.970 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV.
Unha (1) torre meteorolóxica de medición de 117,5 metros de altura.
A rede eléctrica soterrada de media tensión (30 kV) do parque eólico ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a subestación transformadora do parque (rede colectora). Para iso deséñanse 4 circuítos que constitúen as liñas colectoras do parque. O cable utilizado será o RHZ1-2OL 18/30 kV H16 con condutor de aluminio, de diferentes seccións.
A sinalización, control e manobra do parque eólico realizarase desde a subestación Somozas. A interconexión realizarase a través dunha rede de fibra óptica de cable multimodo de 12 fibras desde os aeroxeradores ata o centro de control da subestación. Inclúese dentro do circuíto de comunicacións o actual centro de control.
Sistema único de rede de posta a terra para todo o parque constituída por cable de cobre espido de sección 50 mm².
En canto á SET do parque eólico, aproveitarase a súa localización e a maioría da obra civil. Realizaranse as seguintes actuacións:
– Desmontaxe do actual transformador de potencia de 20/132 kV.
– Desmontaxe da aparellaxe de 132 kV do parque de intemperie (a excepción das autoválvulas de entrada de liña).
A nova subestación transformadora 30/132 kV do parque eólico estará composta por:
– Unha posición combinada de liña-transformador a 132 kV cos seus correspondentes equipos de protección e medida.
– Un transformador de potencia nominal 55 MVA ONAF, relación de transformación 132/30 kV e regulación en carga.
– A nova aparellaxe de 30 kV no edificio da subestación en tecnoloxía baseada nas celas metálicas prefabricadas de illamento en hexafluoruro de xofre (SF6).
– Catro posicións de liña a 30 kV.
– Unha posición de batería de condensadores a 30 kV.
– Unha posición de medida de tensión de barras de 30 kV.
– Unha reactancia de posta a terra con seccionador en 30 kV, con limitación de corrente a 500 A, 30 segundos.
– Un transformador de servizos auxiliares 30/0,42-0,242 kV de 50 kVA.
– Un grupo de baterías de condensadores de 10,5 MVAr.
– Cadros para o control, mando e protección da instalación.
Os aeroxeradores verterán a súa enerxía na SET do parque e evacuarase a través da liña eléctrica aérea de 132 kV e de 12,9 km de lonxitude existente, cara á subestación Mourela. Non se require actuación ningunha nesta liña.
Obxecto da información pública:
A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) das instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
Documentación que se expón:
1. O proxecto do parque eólico Somozas (visado o 4.2.2021).
1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.
1.2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.
1.3. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.
2. O estudo de impacto ambiental do parque eólico Somozas (EIA) (asinado o 13.7.2021).
3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PIA) do parque eólico Somozas (visado o 4.2.2021).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 23), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como no Concello das Somozas (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do seguinte enlace:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico-somozas
O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 17 de xuño de 2021 acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria a modificación do parque eólico Somozas (IN408A 2020/105), promovido por Energías Ambientales de Somozas, S.A. (A15685373) ao abeiro do establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, polo que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu o 27 de xullo de 2021 declarar a tramitación de urxencia deste proxecto de acordo co establecido no artigo 44.2 da antedita Lei 5/2017 e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.
A Coruña, 10 de marzo de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña