Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Bioetanol Galicia, S.A. para a súa planta de produción de etanol e produtos para a alimentación animal no concello de Curtis (A Coruña) (expediente 2020-IPPC-M-66).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada polo titular, para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-IPPC-M-66.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2005/0246_NAA/IPPC_019.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 4.1.b) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Bioetanol Galicia, S.A.

Enderezo da instalación: polígono industrial de Teixeiro N-634 km 664,3, 15310, concello de Curtis, A Coruña (ref. da parcela 9488507NH7798N0001YU).

Actividade principal: fabricación doutros produtos básicos de química orgánica.

Verteduras: as augas residuais industriais do proceso produtivo, xunto coas purgas da caldeira, condúcense á planta de tratamento de efluentes da empresa, para logo incorporarse depuradas, tras o paso por unha arqueta, á rede de augas limpas do polígono industrial de Teixeiro. A esta arqueta tamén se dirixen as purgas das torres de refrixeración e de lavados de filtros sen depuración previa, para logo incorporarse á citada rede. No caso de detectarse contaminación nestas purgas, diríxense previamente á planta de tratamento de efluentes da empresa.

As augas pluviais limpas diríxense a outra arqueta para logo incorporarse á rede de pluviais do polígono no mesmo punto de vertedura que as correntes descritas no parágrafo anterior. No caso de detectarse contaminación destas augas pluviais, diríxense á planta de tratamento de efluentes da empresa previa incorporación á rede.

As augas residuais fecais atópanse conectadas á rede de augas sucias do polígono industrial de Teixeiro, para despois recibir depuración na EDAR do polígono.