Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente MON-CO-0094-2021 V e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Os actos foron adoptados pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 3 de marzo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI denunciado

Acto de notificación

MON-CO-0094-2021 V

33220385J

Proposta de resolución

MON-CO-0108-2021 IO

32213545K

Proposta de resolución

MON-CO-0102-2021CSA

32487629Z

Proposta de resolución

MON-CO-0111-2021 V

76370119E

Proposta de resolución

MON-CO-0124-2021 IO

14955135Y

Proposta de resolución

MON-CO-0131-2021 FOR

33181803W

Proposta de resolución