Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de asemblea para a constitución da Xunta Xestora do Monte Abertal Serra de Lamas, do concello de Baralla (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da Xunta Xestora do Monte Abertal Serra de Lamas, situado na parroquia de Pacios, no concello de Baralla:

Día: 9 de abril de 2022.

Hora: 17.00 horas, en primeira convocatoria. 17.30 horas, en segunda.

Lugar: Escola de Pacios. Parroquia de Pacios.

Concello: Baralla.

Orde do día:

1. Aprobación dos estatutos do Monte Abertal Serra de Lamas.

2. Constitución da xunta xestora.

3. Rolda de intervencións.

Lugo, 3 de marzo de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo