Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación do estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela T do parque empresarial As Gándaras.

A Xunta de Goberno local, en sesión que tivo lugar o día 16.2.2022, aprobou inicialmente o estudo de detalle redactado para a ordenación de volumes na parcela T do parque empresarial As Gándaras, que modifica o anteriormente aprobado definitivamente polo Acordo plenario do 3 de decembro de 2012, formulado pola mercantil Norvento Enerxía, S.L., representada por Marta Fernández Castro, e redactado polo arquitecto Francisco Mangado Beloqui.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

O documento inicialmente aprobado poderá consultarse na sede electrónica deste concello a través da seguinte ligazón:

http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 7 de marzo de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Concelleira delegada da Área de Gobernanza, Economía e Recursos
Humanos, en substitución do concelleiro delegado
da Área de Sostibilidade Urbana