Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17639

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de inicio de execución subsidiaria por incumprimento de orde de execución en materia de limpeza de predios (GEST 1078/2021 URB 32/2021).

En ausencia de domicilio coñecido para efectos de notificacións, nun caso, e de identidade do titular, noutro, faise público que, por decreto do día da data, resolveuse o que segue:

Incoación de execución subsidiaria por incumprimento de orde de execución ditada polo Decreto 439/2021, do 4 de agosto.

Visto o expediente tramitado logo do escrito de Alberto Crespo Doldan (R.E. 1874 do 20.7.2021), no cal foi ditado o Decreto 439/2021 de orde de execución polo mal estado das parcelas 1243 e 1252 do polígono 21 de Santa María de Oia, en risco de incendio, publicada no DOG núm. 166, do 30.8.2021, e no BOE núm. 211, do 3.9.2021, ao ser descoñecida a identidade do titular, no primeiro caso e o enderezo para efectos de notificacións, no segundo caso.

Emitido informe técnico municipal do 24.9.2021, unha vez transcorridos os prazos para o cumprimento da orde de execución e en uso das facultades que me confire a normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da orde de execución imposta polo Decreto 439/2021, do 4 de agosto, contra Manuel Álvarez Álvarez como titular catastral da parcela 1252 do polígono 21 de Santa María de Oia (ref. catastral: 36036A021012520000QL) e contra o/os titular/es descoñecido/s da parcela 1243 do polígono 21 de Santa María de Oia (ref. catastral: 36036A021012430000QA).

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais, estímase que a limpeza xerará os custos que se detallan:

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

ha afectadas pola execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión biomasa

Data de constatación do incumprimento

Responsable

Sta. Mª de Oia

Arrabal/21/1243

0,115851

195,66 €

23.9.2021

Descoñecido

(en investigación)

Sta. Mª de Oia

Arrabal/21/1252

0,042126

71,15 €

23.9.2021

Manuel Álvarez Álvarez

(enderezo descoñecido)

Terceiro. Sirva esta notificación como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados, constituindo o presente decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva, que se cursará unha vez rematados os traballos de corta e limpeza.

Cuarto. Identificar como interesados no expediente os seguintes propietarios:

Manuel Álvarez Álvarez, obrigado ao cumprimento da orde de execución e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a esta Administración xere a execución subsidiaria (parcela 1252).

O titular da parcela 1243 é descoñecido.

Alberto Crespo Doldan, solicitante da limpeza.

Quinto. Notificar a presente resolución ao solicitante e ao obrigado identificado, co réxime de recursos que proceda, con indicación de prazos de pagamento en período voluntario e en vía executiva.

Este acordo pon fin á vía administrativa, polo que pode se interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que dictou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non se quere exercer o dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ademais, e polo que respecta á liquidación en voluntaria, requírese o pagamento mediante ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do concello de Oia en Abanca número ES86 2080 5080 4130 4000 1001, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 de mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o utlimo día do prazo, este extenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de non pagar nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Oia, 23 de febreiro de 2022

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa