Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17636

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de aprobación do texto inicial do convenio urbanístico para a execución do planeamento na praza San Xoán 3, Cangas (expediente 2221/2021).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas, en sesión ordinaria do 17 de xaneiro de 2022, acordou:

Primeiro. Aprobar inicialmente o convenio urbanístico para a monetización do aproveitamento de cesión, sita na praza San Xoán, 3, Cangas, de execución de planeamento que se subscribe entre o Concello de Cangas e Juan José Pérez Fernández.

Segundo. Que se notifique o acordo de aprobación inicial aos propietarios e titulares de dereitos que consten no Rexistro da Propiedade para os efectos de audiencia por prazo dun mes. Os propoñentes do convenio deben achegar a relación de afectados precisa para cumprir o dito trámite.

Asinado o convenio, sométese ao trámite de información pública, por un período dun mes, de conformidade co establecido no artigo 168 da Lei do solo de Galicia, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Logo da información pública, de non se presentaren alegacións, o texto inicial aprobado e o documento administrativo asinado entenderase definitivo sen necesidade de nova sinatura nin da súa ratificación pola Xunta de Goberno Local, esta aprobación e a formalización acordada producirán plenos efectos xurídicos. Calquera das partes poderá solicitar a elevación do documento administrativo a escritura pública. O texto íntegro do convenio publicarase no Diario Oficial de Galicia, e anotarase no Rexistro de Convenios e remitirase copia ao arquivo de convenios, de conformidade co previsto no artigo 403 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

Durante o período de información pública, o expediente estará á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Cangas www.concellodecangas.gal e no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.

Cangas, 3 de febreiro de 2022

María Victoria Portas Mariño
Alcaldesa