Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2022 Páx. 17118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Diana IV, Galbán I e Nito.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Diana IV, Galbán I e Nito e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 7 de febreiro de 2022, Olga Mariño Millán solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante liquidación parcial de gananciais e aceptación e adxudicación parcial de herdanza, das concesións administrativas e das bateas Diana IV, Galbán I e Nito.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Olga Mariño Millán (***5972**), Manuela Mariño Rego (***5233**), Francisco Mariño Rego (***0141**) e María Pérez Laranga (***1525**), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Diana IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 14.

Polígono: D.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.9.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Galbán I.

Situación:

Cuadrícula nº: 167.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3.9.1952.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Nito.

Situación:

Cuadrícula nº: 84.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.1.1999.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Manuel Mariño Rego (***0141**), Olga Purificación Millán Domínguez (***0439**), Manuela Mariño Rego (***5233**), Francisco Mariño Rego (***0141**) e María Pérez Laranga (***1525**).

Novos titulares: Olga Mariño Millán (***5972**), Manuela Mariño Rego (***5233**), Francisco Mariño Rego (***0141**) e María Pérez Laranga (***1525**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 14 de febreiro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo