Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2022 Páx. 17121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento para facerse cargo dun ben incautado no expediente sancionador PESAN1 2009/0091-5.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo dun ben incautado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada dispón dun prazo de seis meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para facerse cargo do ben incautado.

O expediente relacionado no anexo atópase á disposición do interesado nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 23 de febreiro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Enderezo

PESAN1 2009/0091-5

35441700B

Labasella, 4, 4º, Vilanova de Arousa