Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza a execución do proxecto de desmontaxe dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2020/168-4).

Visto o expediente para a autorización de desmontaxe da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: desmantelamento LMT ATI 724 a CT Cerqueiras.

Situación: Mos.

Elementos que se desmontan: tramo aéreo da LMT aérea ATI 724, de 895 metros, desde o elemento de manobra XS36HCJ5 ata o centro de transformación Cerqueiras.

De acordo co disposto no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o peche de instalacións está suxeito a un procedemento de autorización. En consecuencia, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Autorizar a execución das actuacións recollidas no proxecto desmantelamento LMT ATI 724 a CT Cerqueiras, e concederlle un prazo de 12 meses, a partir da recepción deste documento, para a súa realización.

O remate dos traballos descritos neste proxecto deberá ser comunicado a esta xefatura territorial, coa finalidade de que sexan comprobadas as actuacións realizadas e emitir a preceptiva acta de peche de instalación, tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra