Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 16165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viana do Bolo (expediente IN407A 2021/134-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o día 9.4.2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na mesma data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: reforma LMT SSB702 Tramo Pradorramisquedo.

Situación: concello de Viana do Bolo.

Orzamento: 104.716,29 €.

Características técnicas:

– Desmonte de 26 apoios de formigón, por fin de vida útil, instalándose no seu lugar 18 apoios de celosía metálica. Proxéctase, ademais, a substitución do condutor existente nu de tipo LA-56 por un novo condutor, tamén nu, de tipo LA-110; a lonxitude do tramo que se reformará é de 1.908 m, con orixe no apoio nº 57 existente de tipo HV-13/630 da LMT SSB702 (expediente IN407A 2016/164-3) e final no apoio nº 84 existente de tipo C-14/1000 da LMT SSB702.

– LMTS de enlace coa LMT derivada a CT particular 32 PD70, de 16 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2 OL 12/20KV 1×95 mm² Al, con inicio no paso A/S proxectado no novo apoio nº 17, e final nos empalmes proxectados na LMT existente a CT particular 32 PD70.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 9 de febreiro de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense