Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 16164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2011/00348 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícanse ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións ditadas pola persoa titular da Xefatura Territorial no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito (PR212A).

O texto íntegro das resolucións que se notifican, xunto cos seus referidos expedientes, atópanse á disposición dos interesados na sede da Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións notificadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, as resolucións devirán firmes.

Ourense, 15 de febreiro de 2022

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

NIF/equivalente

Acto notificado

OU-2011/00348

44478235F

Resolución de cancelación

OU-2016/00093

44454724W

Resolución de cancelación

OU-2016/00093

44658878P

Resolución de cancelación

OU-2019/00026

50767123M

Resolución de arquivamento

OU-2019/00026

017929914

Resolución de arquivamento