Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 3 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Bergueira, a favor dos/das veciños/as da Bergueira, na parroquia de Trasalba (San Pedro), no concello de Amoeiro (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 23 de novembro de 2021, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Bergueira, a favor dos veciños/as da Bergueira, na parroquia de Trasalba (San Pedro), no concello de Amoeiro (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 24 de outubro de 2016, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, da Asociación de Veciños Xuntanza-Bergueira, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Da Bergueira.

Segundo. Con data do 2 de setembro de 2020, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Contra o acordo de inicio do procedemento presentaron escrito de alegacións varios interesados. Por unha parte, Antonio Almansa González indicou que a parcela 14 do polígono 69, incluída na solicitude de clasificación, invade a súa propiedade, e presentou outro escrito en que expón que é o propietario da parcela 4 do polígono 69, incluída como estremeira no procedemento de constitución do MVMC da Bergueira. Neste segundo caso enténdese que o alegante está manifestando a súa desconformidade coa representación gráfica catastral do perímetro estremeiro entre os terreos do monte obxecto da solicitude de clasificación e as parcelas propiedade da persoa que alega.

O Servizo de Montes informou a este respecto que o monte se identifica cos datos das parcelas catastrais que se achegan coa solicitude. No informe do Servizo de Montes utilizáronse os datos catastrais das súas superficies e cartografía.

Por outro lado, José Antonio Fernández Castiñeiras, Ramón Álvarez Castiñeiras e José Manuel Álvarez Castiñeiras presentaron un escrito de alegacións en que fan constar que a parcela 7 do polígono 69 non está encravada dentro do monte veciñal senón que é estremeira, de xeito que o predio nº 2 tería como lindeiro, entre outros, polo norte, sur e oeste, o predio da súa propiedade e o camiño público que dá acceso a esta.

Tamén María José Gil Francisco presentou un escrito de alegacións en que afirma que a parcela 7 do polígono 69 non está encravada senón que é estremeira.

Os solicitantes comunicaron, na sesión do Xurado Provincial de MVMC do 23 de novembro de 2021, que aceptan as alegacións realizadas por Antonio Almansa González no relativo á exclusión da parcela 14 do polígono 69. Con respecto ao escrito presentado por José Antonio Fernández Castiñeiras, Ramón Álvarez Castiñeiras e José Manuel Álvarez Castiñeiras, afirman que eses terreos teñen carácter veciñal pero os alegantes teñen recoñecida unha servidume de paso para poderen acceder á súa vivenda.

O Xurado Provincial, examinado o expediente e as consideracións dos comparecentes, acordou a clasificación do monte veciñal tendo en conta as manifestacións realizadas polos representantes veciñais e realizando, polo tanto, as modificacións oportunas derivadas delas.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Da Bergueira.

Superficie: 8,55 ha.

Pertenza: veciños/as da Bergueira.

Parroquia: Trasalba (San Pedro).

Concello: Amoeiro.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

A solicitude inclúe a parcela catastral 324 do polígono 65, que non figura actualmente no Catastro, polo que estes terreos non se inclúen na tramitación dos terreos que se clasifican.

Predio 1:

Estes terreos incluídos na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que está atravesado por estradas locais sen referencia catastral.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcelas

Lindeiros

Polígono

Parcelas

Amoeiro

65

314-316

Norte

Estrada local sen referencia catastral

67

8-56

Leste

68

338

Estrada local sen referencia catastral

68

317

Sur

65

312-311-315-317

Estrada local sen referencia catastral

69

1

Oeste

67

57-58-6

Estrada local sen referencia catastral

Predio 2:

Estes terreos incluídos na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que está atravesado por estradas locais sen referencia catastral e polos camiños correspondentes ás parcelas catastrais 9006 e 9001 do polígono 68.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcelas

Lindeiros

Polígono

Parcelas

Amoeiro

67

14

Norte

69

20-19-15-12-13-11-10-9-400-401-9005-436-435-434-432-430-428-455-427-426-425-423-424-422-421-420-419-416-413-412-411-418-188-189-191-192-193-194-198-398-397-396-243-356

Estrada local sen referencia catastral

Leste

69

357-439-453-454-451-450-449

68

9001-252-246

68

223

229

273

322

Sur

68

245-244-243-241-240-9007-250-251-159-9006-230-226-227-233-232-231- 001002000NG89A0001QU-222-221-335-334-335-001002500NG89A0001MU

69

461

Estrada local sen referencia catastral

Oeste

69

458-5-6

69

7 (servidume de paso propietarios vivenda)

456

67

513-511-512-539-001000400NG89A0001EU-515-514-518

Estrada local sen referencia catastral

Predio 3:

Estes terreos incluídos na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que está atravesado por unha estrada local sen referencia catastral.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcelas

Lindeiros

Polígono

Parcelas

Amoeiro

67

508

527

Norte

67

9004

69

35

Leste

69

36

69

37

Sur

67

509

Oeste

67

525-526-528

Predio 4:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcelas

Lindeiros

Polígono

Parcelas

Amoeiro

67

297

Norte

67

296

Leste e sur

67

9003

Oeste

67

298

Predio 5:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcelas

Lindeiros

Polígono

Parcelas

Amoeiro

67

695

Norte

67

696-694-693

Leste e sur

Estrada local sen referencia catastral

Oeste

67

706

Predio 6:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcelas

Lindeiros

Polígono

Parcelas

Amoeiro

65

358

Norte

Estrada local sen referencia catastral

Leste

65

9010

Sur e oeste

65

359

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente, en réxime de comunidade sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común está acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Da Bergueira, a favor dos veciños/as da Bergueira, na parroquia de Trasalba (San Pedro), no concello de Amoeiro (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 3 de febreiro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense