Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2022 Páx. 15212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2022, do Servizo Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa para a obra de fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-101, treito Montealegre (puntos quilométricos 1+100-1+680), e na OU-150, treito Val do Regueiro (puntos quilométricos 0+000-1+000), de clave OU/16/273.06, no concello de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido practicar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na rúa Sáenz Díez, 1, Ourense, e coñecer o contido íntegro deste acto. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 25 de febreiro de 2022

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense

ANEXO

Predio

Obra

Persoa interesada

Acto notificado

13

Fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-101, treito Montealegre (puntos quilométricos 1+100-1+680), e na OU-150, treito Val do Regueiro (puntos quilométricos 0+000-1+000), de clave OU/16/273.06, no concello de Ourense

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación o 16.3.2022, ás 11.30 horas

E convocatoria para formalizar a acta de ocupación na data 5.5.2022, ás 11.30 horas

21

Dominio público segundo catastro

22

Dominio público segundo catastro

24

Dominio público segundo catastro

40

Dominio público segundo catastro

41

Dominio público segundo catastro

42

Dominio público segundo catastro

43

Dominio público segundo catastro