De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De no efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, de 5 de decembro).
Lugo, 11 de febreiro de 2022
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-S-11/2021.
Denunciado: José Manuel Díaz Fernández.
Establecemento: café-bar Pub Pica.
Enderezo: rúa San Roque, 45.
Localidade: Ribadeo.
Precepto infrinxido: artigo 35.i) da Lei 7/2011.
Tipo de infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011.
Cualificación: leve.
Resolución: 20 de xaneiro de 2021.
Sanción: cen euros (100 €).