Expediente núm.: 4103/2021.
Procedemento: planificación e ordenación de persoal (S0312-ofertas de emprego público).
Asunto: oferta de emprego público 2021 (OEP 2021).
Documento: anuncio.
Trámite: publicación da oferta de emprego público 2021 (OEP 2021): ordinaria, correspondente á taxa de reposición de efectivos LPXE 2021 e de estabilización do emprego temporal.
Mediante a Resolución da Alcaldía número 2021-1198, do 29 de decembro de 2021, rectificada mediante a Resolución do 30 de decembro de 2021 número 1207/2021, por erro material advertido na clasificación dunha das prazas ofertadas, aprobouse a seguinte oferta de emprego público para o exercicio 2021 coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:
A. Oferta de emprego público 2021 pola taxa de reposición de efectivos:
Persoal funcionario de carreira.
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Provisión |
1 |
Policía local |
C |
C1 |
Admón. especial |
Servizos especiais |
Quenda libre |
1 |
Administrativo/a |
C |
C1 |
Admón. xeral |
Administrativa |
Quenda libre |
Persoal laboral fixo.
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Provisión |
1 |
Limpador/a |
5 |
5B |
Quenda libre |
B. Oferta de emprego público 2021 para a estabilización do emprego temporal:
Persoal funcionario:
Denominación da praza |
Grupo |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Nº prazas |
Auxiliar administrativo/a |
C |
C2 |
Admón. xeral |
Auxiliar |
2 |
Técnico de Intervención |
A |
A2 |
Admón. xeral |
Xestión |
1 |
Total: 3 |
Persoal laboral:
Estabilización segundo a Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017.
Denominación da praza |
Grupo |
Subgrupo |
Nº prazas |
Limpador/a |
5 |
5B |
4 |
Conserxe |
5 |
5A |
2 |
Total: 6 |
Estabilización do emprego temporal.
Denominación da praza |
Grupo |
Subgrupo |
Nº prazas |
Avogado/a |
1 |
--- |
1 |
Psicólogo/a |
1 |
--- |
1 |
Técnico/a sociocultural |
2 |
--- |
1 |
Educador/a familiar |
2 |
--- |
1 |
Coordinador/a ludoteca |
2 |
--- |
1 |
Monitor/a ludoteca |
3 |
--- |
1 |
Axente de desenvolvemento local |
2 |
--- |
1 |
Orientador/a profesional |
2 |
--- |
1 |
Peón |
5 |
5B |
1 |
Profesor/a de música |
3 |
--- |
4 |
Conserxe |
5 |
5A |
1 |
Limpador/a |
5 |
5B |
5 |
Técnico/a de Cultura e Deportes |
3 |
--- |
1 |
Oficial 1ª electricista |
4 |
4B |
1 |
Total: 21 |
O que se publica en cumprimento do ordenado na resolución de aprobación desta.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de se interpoñer o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da dita Lei 39/2015. Entenderase desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada e, daquela, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte o establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas xulguen procedente conforme dereito.
Moaña, 30 de decembro de 2021
Leticia Santos Paz
Alcaldesa