Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14924

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 18 de febreiro de 2022 pola que se deixa sen efecto a Orde do 26 de outubro de 2021 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade, do centro privado plurilingüe Liceo La Paz da Coruña.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 26 de outubro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 214, do 8 de novembro, modificou a autorización, por cambio de titularidade, do centro privado plurilingüe Liceo La Paz da Coruña (código de centro 15004265).

A Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 3 de febreiro de 2022 estima o recurso de reposición interposto fronte á devandita orde.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en exercicio das súas competencias de elaboración das propostas de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares, tanto de titularidade pública como privada, de acordo co previsto no artigo 17.1.b) do Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, tramitou o procedemento de elaboración da orde de cumprimento da indicada resolución estimatoria.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único

Deixar se efecto a Orde do 26 de outubro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 214, do 8 de novembro, de modificación da autorización, por cambio de titularidade, do centro privado plurilingüe Liceo La Paz da Coruña (código do centro 15004265), en cumprimento da Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 3 de febreiro de 2022, estimatoria do recurso de reposición interposto fronte á devandita orde.

Disposición derradeira primeira

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde, conforme os artigos 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade