Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 15011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Triacastela (expediente IN407A 2021/110 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMTA, LMTS adecuación saídas subestación Triacastela (Triacastela).

Situación: concello de Triacastela.

Características técnicas principais:

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela da subestación e final no apoio nº 1 proxectado tipo C-16/7000-E30-CA da LMTA TTL813, cunha lonxitude de 113 metros en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm Al.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela da subestación e final no apoio nº 1 proxectado tipo C-16/7000-E30-CA da LMTA TTL814, cunha lonxitude de 113 metros en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm Al.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela da subestación e final no apoio nº 1 proxectado tipo C-16/7000-E30-CA da LMTA TTL815, cunha lonxitude de 114 metros en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm Al.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela da subestación e final no apoio nº 1 proxectado tipo C-16/7000-E30-CA da LMTA TTL816, cunha lonxitude de 114 metros en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm Al.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela da subestación e final no apoio nº 1 proxectado tipo C-14/7000-H35-CA da LMTA TTL817, cunha lonxitude de 130 metros en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm Al.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela da subestación e final no apoio nº 1 proxectado tipo C-16/7000-H35-CA da LMTA TTL823, cunha lonxitude de 114 metros en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm Al.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela da subestación e final no apoio de celosía existente da LMTA TTL827, cunha lonxitude de 48 metros en condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm Al.

• LMT aérea a 20 kV, con orixe na LMTS proxectada e final no apoio nº 3 existente da LMTA DC TTL813/814, cunha lonxitude de 27 metros de condutor novo tipo LA-110 máis 140 metros de condutor existente.

• LMT aérea a 20 kV, con orixe na LMTS proxectada e final no apoio nº 3 existente da LMTA DC TTL815/816, cunha lonxitude de 27 metros de condutor novo tipo LA-110 máis 140 metros de condutor existente.

• LMT aérea a 20 kV, con orixe na LMTS proxectada e final no apoio nº 2 existente da LMTA TTL817, cunha lonxitude de 162 metros de condutor novo tipo LA-110.

• LMT aérea a 20 kV, con orixe na LMTS proxectada e final no apoio nº 3 existente tipo HV-15/630 da LMTA TTL823, cunha lonxitude de 88 metros de condutor novo tipo LA-110 máis 89 metros de condutor existente.

Finalidade da instalación: mellora da subministración.

Orzamento: 95.119,30 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Triacastela.

• Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

• Separata para a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (AXI).

• Separata para Patrimonio Cultural.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberanse axustar na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e deberá realizar a dirección de obra un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 8 de febreiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo