Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Unha vez rematado o proceso selectivo unitario e superado o curso selectivo na Academia Galega de Seguridade Pública, mediante a Resolución da Alcaldía número 94/2022, do 2 de febreiro, resolveuse nomear funcionario de carreira a Emilio Caínzos Díaz, con DNI nº ***4302**, para a praza do grupo C, subgrupo C1, escala de Administración especial, subescala servizos especiais, denominación axente de policía local, código da RPT 4001.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido do Estatuto básico do emprego público e 60 da Lei do emprego público de Galicia.

Arzúa, 8 de febreiro de 2022

José Luis García López
Alcalde