Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2022-0240, do 22 de febreiro, o Concello da Estrada resolveu o seguinte:

Primeiro. Nomear a Rubén Aller González, con DNI ***4373**, funcionario de carreira deste concello para ocupar en propiedade unha praza de oficial electricista, integrada no grupo C2, pertencente á escala de administración especial, subescala de servizos especiais.

Segundo. Publicar o nomeamento no DOG, de conformidade co disposto no artigo 60.c) e e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Terceiro. Trasladar a resolución ao interesado, que deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG, indicándolle que, en caso de que non o faga, poderá ser declarado en situación cesante e consecuentemente decaído no seu dereito.

A Estrada, 24 de febreiro de 2022

José C. López Campos
Alcalde