Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de febrero de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense (procedemento abreviado 6/2022-E).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 6/2022-E (procedemento abreviado) interposto por Laura Casado Vázquez contra a estimación parcial do recurso de reposición interposto o 30 de setembro de 2021 contra a Resolución do 10 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (Categoría: facultativa/o especialista de área de Farmacia Hospitalaria) (DOG núm. 168, do 1 de setembro).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos