Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se dá publicidade da apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada de Felisindo Vello Rivera en favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ponteareas, a través do auto ditado o 20 de maio de 2015, declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira universal de Felisindo Vello Rivera (DNI 35548674N), veciño do concello de Covelo, falecido o 1 de xaneiro de 2003.

Segundo o artigo 153.2 da Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia, aplicable a esta sucesión segundo a disposición transitoria segunda da Lei 2/2006, do 14 de xuño, do dereito civil de Galicia, os devanditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio galego.

Para os anteriores efectos establécese no artigo 10 do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, o trámite de información pública polo que se publicará un anuncio no Diario Oficial de Galicia para que os posibles beneficiarios dos bens da herdanza formulen alegacións.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 11/2021, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública,

ANUNCIO:

A apertura de trámite de información pública polo prazo dun mes para que os posibles beneficiarios dos bens e dereitos procedentes da sucesión intestada de Felisindo Vello Rivera, falecido o 1.1.2003, presenten as alegacións que consideren pertinentes ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, dirixidas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABA/2015/0006, Edificio Administrativo San Caetano, bloque núm. 3, CP 15781 Santiago de Compostela.

Contra este acto non se poderá interpor recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este trámite sexan consideradas na resolución pola que se aprobe a conta xeral de liquidación e distribución do caudal hereditario da herdanza, contra a cal se poderá presentar no tempo e na forma o correspondente recurso.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública