Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente IN661A 2011/16).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro de tales actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO

Expediente/recurso

NIF

Acto obxecto de notificación

IN661A 2011/16/RRI-DXEM-3.41/22

***5885**

Acordo do Consello da Xunta de Galicia de denegación da solicitude de suspensión

IN661A 2011/16/RRI-DXEM-3.42/22

***5885**

Acordo do Consello da Xunta de Galicia de denegación da solicitude de suspensión

IN661A 2011/16/RRI-DXEM-3.43/22

***2313**

Acordo do Consello da Xunta de Galicia de denegación da solicitude de suspensión