Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Brollón (expediente 2017/04-ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMT, CT, RBT derivada Piño.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Características técnicas principais:

• Liña de alta tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 614 m, con orixe en celosía metálica existente nº 143 da LMT MOF803 Pobra do Brollón-C.H. Loureiro, condutor tipo LA-56 e final en celosía metálica proxectada nº 143-A-5.

• Liña de alta tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 831 m, con orixe en celosía metálica proxectada nº 143-A-18-3, condutor tipo LA-56 e final en celosía metálica proxectada nº 143-A-18-10.

• Liña de alta tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 320 m, con orixe en paso aéreo-soterrado proxectado sobre celosía metálica proxectada nº 143-A-18-10, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 e final no centro de transformación proxectado Piño.

• Centro de transformación de tipo rural compacto de manobra exterior con envolvente de formigón, cunha potencia de 160 kVA, e relación de transformación de 20.000/400 V.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, núm. 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 8 de febreiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

12

Marisa Sánchez Lago

6

650

Liñares

Prado

7

69

22

Hros. Pilar García Núñez

6

451

Brea

Prado

9

89

33

José Luis Mondelo García

15

236

O Val

Monte alto

65

1.050

34

Descoñecido

15

234

O Val

Monte alto

5

2

2

40

35

José Antonio Pardo González

7

386

Couto

Prado

A0

2

50

508

52

Mercedes Álvarez Diego

7

128

Sobre Santalla

Prado

2

41

52/1

Mercedes Álvarez Diego

7

127

Sobre Santalla

Prado

A5

2

17

150

56

Ricardo Díaz López

7

62

Pedredo

Prado

A6(1/2)

1

25

248

58

Ilda López

7

105

Pedredo

Prado

21

208

59

Hros. Avelino Escaleira

7

104

Pedredo

Prado

59

181

60

Ilda López

7

103

Pedredo

Prado

6

56

61

Hros. de Celestino Enrique

7

102

Pedredo

Prado

A7

2

9

88

61/1

Hros. de Celestino Enrique

7

101

Pedredo

Prado

8

83

61/2

Hros. de Celestino Enrique

7

97

Pedredo

Prado

14

127

62

Hros. de Avelino Escaleira

7

4

Pedredo

Prado

CT

36